Os orzamentos da Deputación Provincial de Lugo para o ano 2014 redúcense en máis de catro millóns e medio de euros. Ainda que esta rebaixa NON debería ser significativa a nivel global, si chaman a atención os recortes que se producen nas correspondentes partidas que superan cantidades aceptables.
Certo é que o papel aguanta todo pero NON é menos certo que este documento, o orzamento, é o documento máis fiable para saber a real folla de ruta que se marca o secretario xeral do PSOE para o 2014.
Dunha lectura detallada, destacan OS RECORTES en prestacións económicas aos empregados, en cultura, en deportes e en igualdade…
Pero máis destaca se contrastamos titulares do Sr. Besteiro…. “O noso proxecto político baséase no emprego e en servizos sociais”…compromiso de titulares, pero irreais nos orzamentos e en emprego fundamentalmente, sobre todo, na execución dos mesmos. Dende todos os análisis posibles…irreais…ficticios.
Para o 2014, no que a servizos sociais se refire, segue instaurado o secretario xeral do PSOE NA INSUMISIÓN, AFOGANDO OS CONCELLOS E INCUMPRINDO A LEI. Unha vez máis, abandona os usuarios de axuda no fogar básico sen pagar o que estáobrigado a pagar a súa Institución.
E en emprego…consigna no papel e NON executa… De feito no 2013, cos datos a 30 de setembro, de cada 100 euros NON tiña executado nin o 5%…e cando desenvolve un plan de emprego anuncia que afectara a todos os concellos de menos de 5000 habitantes e só chega a 12.
Os orzamentos reflicten ademais o abandono aos concellos das cantidades económicas garantidas para eles, xa que redúcenseunha vez máis. Esta institución, que debe ser CONCELLO DE CONCELLOS, esquécese deles, practicando unha asfixia económica e desatendendo solicitudes de cooperación de xeito constante.
Como sempre decimos, o que é medible non é interpretable…e así vemos, o descarado abuso dos numerosos convenios excepcionais, NON recollidos nos orzamentos ou as subvencións nominativas que están consignadas para o 2014 dos concellos gobernados polo PP (42 de 67); en torno ao 63% sóteñen recollidos o 16 de cada 100 euros destes fondos.
Realmente os orzamentos demostran que se continúa empregando esta institución e o seu diñeiro público como ferramenta exclusivamente política, causando un dano irreparable nas economías locais e, sobre todo, nos veciños e veciñas da nosa provincia. Un comportamento indigno e intolerable.
Lugo, a 14 de decembro de 2013
ElenaCandia López. Voceira do PP na Deputación de Lugo




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



