- A alcaldesa de Burela, Carmela López, e a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández, achegáronse a felicitar a María Consuelo Fanego Doval polo seu 101 aniversario, trasladándolle en persoa os seus parabéns nun día tan especial
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
- Tapia de Casariego celebra o Día Mundial da Poesía con actividades os días 14 e 21 de marzo
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
- O Concello de Foz comeza as probas da nova iluminación colocada nas letras de Foz situadas no Pico do Castro
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
- Día da Muller en Cervo
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
- Éxito de participación no XVIII Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Ribadeo
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
- 'As palabras perdidas' de Inventi Teatro, o sábado 14 de marzo, no Pastor Díaz de Viveiro
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
- O Coro Eufonía ofrecerá unha actuación o vindeiro 22 de marzo ás 19:30 horas na Catedral de Mondoñedo
A actividade conta coa colaboración do Concello.