Na segunda xornada de folga convocada no SERGAS incrementouse a participación do persoal sanitario e non sanitario: celadores/as, pinches, administrativas/os, auxiliares de enfermería, enfermeiras/os, técnicas/os, médicas/os…
Para CCOO e CIG-Saúde isto constata até que punto están concienciadas as traballadoras e traballadores respecto das consecuencias das políticas deseñadas polo PP e impostas pola consellaría de Sanidade, que se traducen en privatizacións, recortes, repagamentos e diminución da calidade, tanto para as e os doentes como para o propio persoal.
No Hospital da Costa paralizouse a actividade cirúrxica programada realizándose tan so actividade urxente, mentres que nas Consultas Externas e no Servizo de Laboratorio o paro foi practicamente total cuns mínimos que só atenderon voantes urxentes.
Nos Centros de Atención Primaria a parálises foi total mantendo, como non pode ser doutro xeito, a demanda urxente de atención sanitaria.
APOIO E COMPLICIDADE DOS MARIÑAOS E MARIÑÁS
Destacamos a complicidade dos usuarios e usuarias da sanidade pública da Mariña, que manifestan que prefiren perder un día de servizo que un servizo, como a sanidade pública, para sempre.
CONCENTRACIÓN ÁS 12,00 HORAS DIANTE DO HOSPITAL DA COSTA
Profesionais da sanidade concentráronse ás doce da mañá diante do Hospital da Costa mostrando un total rexeitamento ao proceso de privatización da Sanidade Pública, aos recortes na sanidade, a lei de garantías sanitarias, ás Areas de Xestión Clínica ou aos repagamentos farmacéuticos, de ambulancias, de material ortoprotésico e de medicamentos para enfermidades crónicas e graves.
MANIFESTACIÓN CIDADÁ EN BURELA
Por unha sanidade pública de calidade, polo acceso universal á sanidade, pola gratuidade da prestación sanitaria, reiteramos novamente o chamamento á cidadanía da Mariña a participar na Manifestación convocada para hoxe martes as 20.30 con saída dende o Hospital da Costa.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



