Cervo, 6 de decembro de 2013.- A Consellería de Economía e Industria investiu 44.500 euros na mellora das infraestruturas dos parques industriais de Cervo e Lourenzá, segundo destacou a delegada territorial, Raquel Arias, durante unha visita ao polígono cervense.
A delegada, que estivo acompañada polo alcalde cervense, Alfonso Villares, subliñou “o traballo de colaboración que está a desenvolver o departamento autonómico coas administracións locais para contribuír á mellora da competitividade dos parques empresarias de Lugo”.
Así, informou de que a Consellería de Economía e Industria sufragou nos últimos meses obras en 11 parques empresariais da provincia para renovar ou habilitar novas infraestruturas “co obxecto de motivar o esforzo común por incrementar a competitividade da oferta de solo empresarial como elemento dinamizador da economía e do emprego local”.
Neste sentido, no concello de Cervo procedeuse á repavimentación dos accesos ao polígono, mentres que en Lourenzá investiuse nos sistemas de seguridade e vixilancia. Ao abeiro desta liña de axudas da Xunta, acometéronse noutros parques empresariais proxectos de eficiencia enerxética coa substitución de luminarias, xestión de residuos e reforma de infraestruturas e dotacións comúns en xeral.
Raquel Arias incidiu na importancia de “consolidar polos industriais sólidos, coas máis modernas infraestruturas e dotacións tecnolóxicas, que resulten atractivos para os emprendedores e sexan realmente elementos xeradores de emprego local e de progreso para a economía galega”.
A delegada lembrou que “segue vixente a vontade da Xunta de exercer unha discriminación positiva coa provincia de Lugo para favorecer o reequilibrio territorial”, que se traduce en que os concellos lucenses obtiveron unha porcentaxe máxima de axuda do 85%, maior en cinco puntos á establecida con carácter xeral.
Na mesma liña, apuntou que os orzamentos da Xunta de Galicia para o 2014 manteñen a filosofía do “crecemento solidario”, que se traduce en dedicar case 8 de cada 10 euros a gasto social, pero tamén nunha aposta por “corrixir os desequilibrios territoriais”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



