O Burela Pescados Rubén empata (1-1) no Multiusos do Sar ante o Santiago Futsal nun derbi galego vibrante ata o final. Ademais de romper a inmaculada traxectoria dos locais que ceden os seus primeiros puntos da temporada, os mariñáns conseguen chegar á última xornada da primeira volta, fronte ao Marfil Santa Coloma, con opcións para a Copa de España “Logroño 2014”, sen depender de terceiros. A oitava posición dirimirase entre Burela Pescados Rubén (16 puntos), Ríos Renovables (15 puntos) e Peñíscola Dunviro (14 puntos).
O derbi galego brilou pola igualdade, a intensidade e as alternativas no dominio do xogo entre dous conxuntos que buscaron a meta rival sen concesións. Unicamente a excelente actuación dos porteros, Juanjo e Alex, impediu ver un marcador con máis goles. No ecuador do primeiro periodo, Matamoros certificou cun zurdazo raso o mellor inicio dos bureleses ante un Santiago que estaba incómodo ante a presión laranxa. Puido o Burela ampliar a súa renda, pero foron os santiagueses os que golpearon máis forte. Diego Quintela desfíxose do seu par e enviou un misil á escadra burelesa, logrando o empate a un minuto do descanso.
No inicio da segunda parte o Santiago Futsal apretou aos mariñáns que lograron saír indemnes e reaccionaron cun disparo seco de Isi que se estrelou na escuadra de Juanjo. O duelo estaba en todo o alto con ambos contendentes golpeando e contraatacando ó seu rival, pero a igualdade continúa reinando no marcador. No minuto 34 chegou a expulsión do burelés Mimi, dobre amonestación, pero os de Juanlu souberon frear as embestidas locais e tras superar o perigo cercaron a meta de Juanjo que impediu a vitoria mariñá.
Ficha técnica
Santiago Futsal: Juanjo, David, Quintela, Lucho, Pazos –cinco inicial- Barroso, Santi, Chus, Hugo Sánchez, Eloy Rojas, Hamza.
Burela FS Pescados Rubén: Álex, Isi, Matamoros, Antoñito, Burrito -cinco inicial- Iago Míguez, Mimi, Juanma, Hugo, Christian.
Goles: 0-1, m.10, Matamoros; 1-1, m.19, Quintela.
Árbitros: Sanzol Goñi, Urdanoz Apezteguia. Tarjetas: En Santiago: amarilla a David Pazos; Eloy Rojas. En Burela: amarilla a Matamoros; 2 amarillas a Mimi, expulsado m. 34.
Incidencias: Partido correspondente á decimocuarta xornada de Primeira División LNFS (Vista Alegre). 200 afeccionados laranxas arrouparon ó seu equipo no Multiusos Fontes do Sar.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
