As asociacións Francisco Lanza, Alesancia e Mariña Patrimonio promoveron na tarde do pasado sábado 21 unha visita ao lugar das Anzas, onde se atopa un peculiar xacemento arqueolóxico coñecido dende hai moito tempo como “as pisadas do encanto”, hai pouco inscritas no rexistro administrativo da D. X. de Patrimonio como petróglifos podomorfos. A visita foi guiada por Manuel Miranda, co apoio de Vicente Méndez e Elia Rodríguez, parella entrañable que se adica, na súa finca “As Fadegas”, á producción de horta ecolóxica nese lugar fantástico das Anzas.
O xacemento está ubicado na beira do río Alesancia -oficialmente río Grande- que coincide cunha liña de falla moi visible na parede de pizarra da súa beira esquerda. Nunha repisa natural deste escarpe, pola que pasou tradicionalmente o camiño entre As Anzas e Salcedo, é onde se atopan estas gravuras. A interpretación que tradicionalmente se lle deu a este lugar máxico foi que nel reside un encanto en forma de rapaza loira que ten unha galiña con pitiños de ouro; aquel que pase por este camiño nos días próximos ao San Xoan, pode sufrir o encantamento que o fai desaparecer engulido pola pedra. O certo é que a vecindade tivo sempre bo coidado de evitar pasar polo lugar nos días sinalados polo solsticio de verán, …por se acaso
As gravuras reproducen, dende o lado norte, pegadas de pes humáns, e dende o sur, pegadas de oso, que parecen encararse no centro da rocha. Desde a arqueoloxía, como todos os petróglifos, resulta arriscado dar explicacións sobre o seu significado, sen dúbida simbolico. Como se explica na web Terrae Antiquae, hai implicacións astronómicas relacionadas co solsticio de verán, e a combinación de pegadas humanas e de oso poderían ter relación coa conversión de home en oso, símbolo da asunción do poder.
Próximo a este lugar, Vicente e Elia ensináronnos outros puntos de interese, un castro situado na márxe dereita do río. Vicente lembra ter entrado co seu tío, hai moitos anos, nunha cova de muros e cuberta de pedra. Aínda é facil ver altos muros parcialmente derruidos pola maquinaria que trazou a pista de acceso a este imponente castro. Tamén nos ensinou unha desas rochas de seixo branco próximas aos xacementos castrexos que algúns arqueólogos interpretan como lugares ceremoniais.
De volta en Ribadeo, a Casa das Letras cedeu xenerosamente o seu coidado espazo multiusos para que Antonio Reigosa, o noso referente cando tratamos do patrimonio inmaterial, nos deleitara repasando algúns dos mitos, lendas e lugares máxicos da Mariña. Como se pode apreciar na súa enciclopedia da fantasía popular, Galicia Encantada, este home é capaz de facernos voar ao mundo dos seres máxicos que a nosa cultura popular ten producido, reproducido e transmitido desde hai miles de anos. Unha herdanza que hoxe nos costa comprender pero que permanece na memoria colectiva, misteriosamente agochados na infinidade de lugares máxicos: nos montes, nas rochas, nos vales, nas fontes, na beiramar,… Antonio deixounos a mensaxe de que temos un inmenso patrimonio mitolóxico, de gran fiabilidade na identificación de xacementos arqueolóxicos que nos aportan información sobre o noso pasado remoto, tan descoñecido como apaixoante.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



