O secretario de Política Municipal da executiva provincial, Alvaro Santos, acompañado de Alcaldes e voceiros do PSdeG-PSOE, anunciou este luns que o Partido Socialista esixirá nos 67 Concellos que a Xunta de Galicia desenvolva un plan de emprego específico para compensar a discriminación que a administración autonómica perpetrou nos municipios que non están gobernados polo Partido Popular na concesión, por exemplo, dos obradoiros de emprego. Deste xeito, Álvaro Santos indicou que, nos respectivos Plenos, os Alcaldes e voceiros socialistas instarán a través dunha moción conxunta a crear esta iniciativa para eliminar o uso partidista dos criterios aplicados polo Goberno galego para outorgar estas axudas. Así mesmo, anuncia o secretario de Política Municipal, os socialistas tamén pedirán que se elabore un plan específico de emprego xuvenil, que permita frear a sangría demográfica que sofren os Concellos ante a ausencia de oportunidades para crear novos postos de traballo, e demandarán nova medidas destinadas ás persoas maiores de 55 anos por ser este un colectivo de difícil inserción laboral.
Nese senso, Santos subliña que o PSdeG-PSOE veise na obriga de tomar esta situación ante a campaña propagandística que está a levar o Partido Popular “contra a Deputación e contra quen consideran un inimigo político. É inaudito, a primeira vez na historia que un Partido ataca frontalmente a creación de emprego, sobre todo nos tempos que corren, e nos que hai 27.440 parados na provincia, e 7.000 máis dende que Feijóo está na Xunta de Galicia”.
“Co PP, as cifras do paro baten récords históricos”
A este respecto, engadiu que “co PP, as cifras do paro baten récords en Galicia e o desemprego sube por riba da media do Estado. Mentres Mariano Rajoy xa renunciou a crear emprego cando nin sequera chegara á metade do mandato, pois leva recortado 4.000 millóns de euros neste eido, e Feijóo reduciu á metade os fondos dende que goberna, declarándose incluso incompetente en emprego, a Deputación aumentou nos dous últimos anos o investimento nesta materia nun 90%. Din que destinan 4 millóns para emprego na provincia de Lugo. Debería darlles vergoña. Pero se a Deputación, que non ten as competencias e conta con 100 veces menos orzamento que a Xunta de Galicia, triplica esa partida…”, afirmou o socialista, pois mentres o Goberno galego dedica 150 euros por desempregado, a Deputación destina 481 euros”.
A etapa de Feijóo, “un trauma para os lucenses”
O secretario de Política Municipal explicou que a etapa de Goberno de Feijóo na Xunta de Galicia está a supoñer “un verdadeiro trauma” para os galegos e os lucenses debido á falta de sensibilidade das políticas dos populares. “No contexto de crise actual están a romper as estruturas sociais que considerabamos como seguras en termos de progreso económico e en igualdade social”, destacou o socialista.
A pesares de que dende o Partido Popular se nega este aumento exponencial das desigualdades, numerosos estudos como os de Eurostat, o Observatorio da Realidade de Cáritas ou o informe Foessa 2013, demostran que a “brecha social aumenta vertixinosamente, ameazando a cohesión social necesaria para calquera proxecto de sociedade”. Proba delo é que, mentres o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) cada mes mostra que o paro é o principal problema que perciben os galegos, o Partido Popular de Feijóo segue aplicando políticas de contención de gasto que fomentan a austeridade das administracións e desvalorizan o fluxo comercial do capital, propiciando a caída do consumo. Pero ademais as políticas económicas impostas por Mariano Rajoy, como a desregulación do mercado de traballo, afondaron máis no aumento do paro debido á facilidade de despedimento por parte dos empresarios, “perseguindo o suposto mantra da competitividade empresarial por medio da moderación salarial”.
Malia que todos os indicadores mostran que o número de desocupados non para de aumentar, os Gobernos do PP insisten en que se está a saír da crise, esquecendo que se está a deixar atrás a enormes capas sociais que non poderán reincorporarse como parte activa da sociedade, e que están abocados á precariedade. Un colectivo social que está a ser especialmente castigado ademais dos mozos son os maiores de 55 anos, vítimas da maioría dos EREs executados na provincia; de aí que os socialistas pidan tamén un plan específico para estes dous colectivos.
Castigo do PP
Neste contexto de desigualdade, paro e pobreza, no que a Xunta é a única administración que ten competencias en materia laboral, as políticas de emprego autonómicas caracterízanse por unha diminución do diñeiro presupostado en fomento do emprego, e no uso partidista dos plans para premiar ós Concellos gobernados polos populares. “Cada ano asistimos ó castigo que somete Feijóo ós galegos reducindo as partidas presupostarias para inserción laboral. Para os orzamentos de 2014, Feijóo volve demostrar que goberna de costas á cidadanía, recortando case 10 millóns de euros as políticas activas de emprego”.
Ademais, engade secretario de Política Municipal, os obradoiros de emprego da Xunta poñen de manifesto a exclusión que sofren algúns cidadáns polo feito de residir en municipios gobernados por Alcaldes que non sexan do Partido Popular. A discriminación padecida polos lucenses, subliña, vén determinada polas bases que regulan a concesión destes proxectos, que esixen ter rexistrados 500 desempregados. Para a realidade da pranta municipal da provincia, este criterio supón “unha exclusión de facto”, xa que a poboación destes é moi reducida.
Por outra banda, o Goberno galego premia os proxectos intermunicipais, fomentando prácticas partidistas no deseño dos obradoiros. Así, os Concellos gobernados polo PP únense, illando ós municipios socialistas e xerando verdadeiras zonas de sombra onde se imposibilita ós lucenses recibir as políticas laborais da Xunta. O resultado do “clientelismo” de Feijóo é que dos 21 obradoiros asignados para Lugo en 2013, 19 están gobernados polo PP, concluíu Álvaro Santos.



















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



