Celebrado este pasado sábado 28 de decembro nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, o segundo Concurso de Karaoke de Xove constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público.
O Xurado desta IIIª edición estivo formado por: Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove; Javier Arca de ACIAM Xove e cunha longa tradición como gaiteiro dentro da Asociación Saiñas; e Eduardo Rodríguez, tamén de ACIAM Xove e persoa moi vinculada á musica dende hai moitos anos. A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:
Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: BRAIS BAMAYOR RODRÍGUEZ coa canción “Dime que me quieres” do grupo Tequila. Premio de 40 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: IAGO RIVAS BALSA co villancico popular “Los peces en el rio”. Premio de 40 €uros.
Premio a “Mellor Caracterización”: LARA RODRÍGUEZ BAÑO, TANIA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ E BEATRIZ EIJO GÓMEZ coa canción de Marisol “LaTómbola”. Premio de 40 €uros.
Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: NEREA RIVAS BALSA coa canción “Cómo hablar” de Amaral. Premio de 70 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: MARGARITA PARAPAR FERNÁNDEZ coa canción de La Oreja de Van Gogh “La Playa”. Premio de 70 €uros.
Premio a “Mellor Caracterización”: AHINOA ECHEVARRÍA OLIVER coa canción “Chas! Y aparezco a tu lado” de Alex y Cristina. Premio de 70 €uros.
Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: MARIA DEL CARMEN LÓPEZ VIDAL coa canción “Mujer contra mujer” do grupo Mecano. Premio de 130 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: MARIBEL PERNAS FRA coa canción “Veneno” de Isabel Pantoja. Premio de 130 €uros.
Premio a “Mellor Caracterización”: BRENDA SUÁREZ AZOGUE coa canción de Mecano “Hijos de la luna”. Premio de 130 €uros.
A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por terceiro ano consecutivo.
Rematado a fase de Concurso, e mentras o Xurado deliveraba, houbo diversas intervencións musicais, previas á entrega de premios.
A entrega de premios foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Cultura Dolores Meitín e outras autoridades.






















Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



