Os alumnos do taller de memoria do Concello de Lourenzá participaron nunha festa de Nadal, na que houbo regalos, chocolatada e panxoliñas. No festexo os asistentes repartiron regalos entre eles co sistema do amigo invisible, tomaron chocolatada con roscón, brindaron cunha copa de sidra e cantaron panxoliñas. Nos actos participaron a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e a concelleira de Educación, Cultura e Turismo, Lupe Flórez Seivane. A rexedora municipal comentou que “un ano máis foi un pracer poder pasar unha tarde cos maiores do taller de memoria, que coa súa boa harmonía e complicidade fixeron que o tempo voara e soubera a pouco”. Tamén salientou que “foi unha tarde moi emotiva, posto que todos os que asistimos participamos con agasallos no amigo invisible e os paquetiños tiñan dedicatorias que fixeron inclusive saltar algunha bágoa.”
Festa de Nadal do Taller de memoria de Lourenzá
Festa de Nadal do Taller de memoria de Lourenzá
Relacionado
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores