O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este venres o premio Crer no movemento veciñal, que outorga por primeiro ano a Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE). Gómez Besteiro foi galardoado a proposta da Federación Veciñal de Lugo que distingue, deste xeito, o apoio continuado do Presidente da Deputación ás iniciativas deste colectivo en prol da participación cidadá. Todas as Federacións Veciñais galegas propuxeron os seus premiados entre os que se atopan persoeiros da cultura, política e o mundo empresarial de toda Galicia.
Gómez Besteiro agradeceu o premio e salientou a importancia do recoñecemento por proceder dos veciños. O Presidente da Deputación puxo como exemplo de forza e cooperación ás Federacións Veciñais e destacou o impulso dende o organismo provincial a políticas de participación cidadá, con iniciativas como o proxecto orzamentario que promoverá o vindeiro ano a participación das organizacións sociais, co fin de que estas coñezan en profundidade o funcionamento dunha Deputación.
O Presidente de COGAVE e Presidente da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo, Jesús Vázquez, destacou que a agrupación que preside decidiu distinguir a Gómez Besteiro pola súa extraordinaria relación cos veciños, que cristaliza en proxectos beneficiosos para a cidadanía. Son proxectos como os hortos do Río Rato, ou os Días do Veciño e da Flor nos que participan milleiros de persoas. Tamén polo seu apoio incondicional para conseguir servizos necesarios para os lucenses como ocorreu na campaña do HULA e polo seu empeño en achegar a administración e abrir as portas da Deputación a todos os lucenses.
Esta é a primeira edición destes premios que distinguen o traballo de persoeiros do mundo da cultura, da política ou da empresa que se caracterizan por un especial apoio ás iniciativas do movemento veciñal. Os galardoados foron propostos polas Federacións Veciñais de Galicia e, ademais de Gómez Besteiro, recibiron o recoñecemento o director xeral de Coren, Emilio Rial, ou institucións como a Fundación Alcoa e a Plataforma SOS Sanidade Pública, entre outros.
450 asociacións e 100.000 veciños
A Deputación colabora con COGAVE que é a Confederación que agrupa ás Federacións Veciñais de toda Galicia. Ten 12 anos de existencia e na actualidade o seu Presidente é o lucense Jesús Vázquez, que tamén preside a Federación Lucense de Asociacións Veciñais. A COGAVE agrupa a 10 federacións, entre as que se inclúen, ademais das catro provinciais, as de grandes áreas metropolitanas. En total, este colectivo reúne 450 asociacións veciñais de toda Galicia que contan con máis de 100.000 socios, 15.000 deles lucenses.
A colaboración da Deputación con COGAVE responde ó compromiso da Deputación de apoiar e reforzar o movemento asociativo da provincia, como un mecanismo imprescindible para o progreso social, para acadar unha sociedade máis xusta e integradora.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



