Barreiros, 7 de decembro de 2013. O BNG de Barreiros requiriu no pleno do pasado 25 de novembro información referida ás contratacións realizadas no concello de Barreiros ao abeiro dos plans de cooperación da Xunta de Galiza. Os nacionalistas pretendían saber cantas persoas, das tres que segundo as bases lle correspondía contratar ao concello barreirense, se contrataron e que postos se cubriron.
Neste sentido, os nacionalistas solicitaron tamén acceso aos expedientes de contratación ao fin de comprobar cal foi o proceso de selección de persoal e os criterios seguidos.
Segundo puido saber o BNG “non houbo ningún tipo de publicidade destes procesos e non existiron bases para cobertura das prazas, realizándose a selección a raíz dunha única entrevista persoal.”
Pero ademais, o BNG tivo coñecemento de que as dúas persoas contratadas son persoas de fóra do concello e que, incluso, se deixou unhas das tres prazas que lle correspondían a Barreiros sen cubrir, podendo ser cuberta por veciñas ou veciños.
Neste sentido, o grupo municipal do BNG interesouse por este tema no último pleno sen obter ningunha resposta por parte do Alcalde popular, Alfonso Fuente. Nese mesmo pleno, e á vista da actitude do rexidor, solicitaron o acceso aos expedientes para poder comprobar estas cuestións, sen que ata o día de hoxe foran postos á súa disposición.
Para o BNG de Barreiros, “Alfonso Fuente pretende ocultar as súas contratacións á fronte do concello, xa que demostran a súa falta de preocupación polas veciñas e veciños en situación de desemprego e a utilización das mesmas ao seu antollo.”
“Se é certo que o alcalde de Barreiros non contratou ningunha persoa de Barreiros tendo na súa man dar traballo a algunha das 198 persoas que no mes de outubro figuraban como desempregadas neste concello debe, ademais de calar, pedir disculpas a toda esa xente coa que está xogando e da que pretende facerse pasar polo seu defensor.”
“Xa sabemos como se preocupa o PP das persoas paradas de Barreiros”, aseguran desde o BNG. “Preocúpase en época eleitoral de venderlles o favor a cambio de votos ou de afiliacións ao PP ou ás súas xuventudes.”
“Pedímoslle ao Alcalde de Barreiros que aclare as contratacións e os criterios das mesmas neste concello e que deixe de facer de mal actor no espectáculo que ten posto en marcha o PP de Lugo para tapar a súa inutilidade á fronte da Xunta de Galiza para acabar coa sangría do desemprego,” conclúen os nacionalistas.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



