O Portavoz do GM do BNG, Eduardo Chao, achega os seus condicionantes e argumentos sobre a súa votación no Pleno do 29 de novembro no Concello do Valadouro.
-Aprobación inicial do Regulamento de axudas de emerxencia e necesidade social: O BNG votou a prol, pero matizando que os límites de cantidades anuais establecidas non son compartidas polo noso grupo, xa que unha contía máxima anual de 150 euros para recibos de luz e auga considérase unha cantidade insuficiente, sobre todo cos elevados prezos da enerxía eléctrica na actualidade.
-Aprobación do convenio de cesión de uso da pista de andadura ecuestre á asociación Apreval: o voto do BNG é positivo, pero matizando que a cesión non é unha concesión, polo que o resto da veciñanza tamén poderá facer uso das pistas.
-Aprobación da solicitude de prórroga do contrato de explotación do servizo de cafetaría da Casa da Cultura: O BNG vota a prol da prórroga estrañado pola présa do grupo de goberno en elaborar unhas reformas (independizar contadores de luz da cafetaría) en nome dun suposto aforro que non se mirou cando se investiu diñeiro en comidas de homenaxe á Garda Civil, algo totalmente anacrónico e absurdo que nunca apoiará o noso grupo.
-Proposta de apoio ás demandas do Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña: o BNG vota a prol e a moción prospera por unanimidade.
-Moción socialista relativa á conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero: o BNG vota a prol e a moción prospera por unanimidade.