Barreiros, 13 de decembro de 2013. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, supervisou este venres os traballos de aglomerado que se están a realizar na zona na que se celebra o mercado semanal dos domingos. O investimento ascende a 40.000 euros.
O rexedor contou que “hoxe estanse a realizar xa obras de aglomerado na zona onde se ven celebrando os domingos o mercado semanal. É unha obra que se levou a cabo cunha subvención da Xunta de Galicia para acondicionar as zonas que se dedican a mercados. Hoxe están co aglomerado e para a semana que vén vaise facer tamén un pintado da zona onde se colocarán os postos”.
Fuente Parga dixo que “o que pretendemos e intentamos lograr con isto é que ese mercado semanal dos domingos se vaia ampliando, ao acondicionarlles a zona onde se viñan situando e que non deixaba de ser un camiño público que agora coa beirarrúa e con ese novo pavimento poderán estar todos, tanto os visitantes do mercado como os postos que veñen a el, nunhas condicións moito máis idóneas”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



