Burela, 14 de decembro de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, anuncia que no 2014 o Concello concederá máis subvencións a asociacións do municipio e que se incrementará a partida destinada a ese fin. Así o puxo de manifesto no pleno extraordinario celebrado a petición do PSOE e no que o canon de Sogama tamén centrou parte do debate. O mandatario burelés reiterou que o Concello non pode asumir o incremento duns 70.000 euros para o vindeiro ano, porque senón habería que suprimir algúns dos servizos que se prestan á poboación.
O rexedor dixo que “nós, o equipo de goberno, entendemos que o canon de Sogama non pode ser asumido directamente polas arcas municipais. O canon de Sogama implica un incremento duns 70.000 euros para o ano 2014. Aínda no suposto de que se aplique unha suba do 17%, que serían 35.000 euros, o Concello de Burela non pode asumir ese gasto porque entón teríamos que suprimir ou paralizar programas e servizos que agora están a funcionar de forma máis que aceptable e que son fundamentais para manter os servizos básicos do noso municipio”.
González Barcia advirte que “si o Concello asumise o incremento de Sogama cos fondos públicos veríamonos obrigados a paralizar, por exemplo, a vixianza nos comedores escolares ou ben a suspender as actividades extraescolares polas tardes nos centros de ensino ou ben a eliminar as subvencións que este ano, por fin, puidemos conceder ás asociacións”.
O alcalde de Burela manifestou que “o señor Llano que está erre que erre con que non lle paguemos a Sogama, pero non propón alternativas. Si non lle pagamos a Sogama os cidadáns teñen que saber que Sogama non nos recibirá o lixo e si isto ocorrese teríamos un problema: ¿a onde levamos ese lixo? Da a impresión de que o PSOE quere reabrir o vertedoiro incontrolado de A Puída. Si o PSOE quere reabrir ese vertedoiro que o diga, pero nós como equipo de goberno asumimos a decisión que tomamos. Sogama é a única alternativa viable para a recollida do lixo, o Concello non pode asumir ese incremento con cargo aos fondos públicos municipais. Nós non queremos reabrir o vertedoiro incontrolado de A Puída, que por certo custou moito traballo selar e agora parece que o PSOE o quere reabrir, pois que llo expliquen aos cidadáns”.
José Mª González Barcia indicou que “en todo caso se o que nosoutros como cidadáns paguemos durante o próximo ano a Sogama é unha cantidade superior ao que nos cobre esa empresa nosoutros no ano 2015 adoptaremos as medidas oportunas para que o canon de Sogama non suba no concello de Burela. Co cal hai que ver que pasa durante o ano próximo e en función do que ocorra adoptaremos algunha decisión para 2015. Pero o que non é de recibo, máxime vindo dunha persoa que foi alcalde, pero que dá a impresión de que ten borrada da súa memoria precisamente esa etapa, formular un problema pero non as solucións; porque o señor Llano se por algo se caracteriza é pola ausencia total de toma de decisións na súa época de alcalde”.
O rexedor burelés engadiu que “no tema de Sogama hai que ser moi claros: a ninguén nos gusta pagar máis impostos. Ao equipo de goberno do Concello de Burela desgústanos profundamente ter que aumentar o canon de Sogama, porque entre outras cousas tamén nosoutros somos cidadáns e pagamos os nosos impostos. E non nos gusta, pero entendemos que non queda máis remedio e a nosa responsabilidade é adoptar decisións que sabemos que nalgúns casos son duras e noutros casos poida que non lle gusten a todo o mundo. Pero son as decisións que hai que adoptar para poder facer viable economicamente o Concello de Burela”.
Insolvente e quebrado
Para González Barcia “o señor Llano é un ex alcalde economicamente insolvente e quebrado, porque deixou ao Concello con bastantes débedas, que agora temos que pagar entre todos. Por exemplo para o próximo ano 2014 soamente do crédito que houbo que pedir para pagar as facturas que o señor Llano deixou sen abonar entre todos os cidadáns vamos pagar 140.000 euros. Se non houbera que afrontar esa cantidade para o ano que vén entón o Concello de Burela si podería abordar con fondos propios o incremento do canon de Sogama. Pero iso non pode ser porque nos deixou un pufo o señor Llano”.
O rexedor tamén indicou que “o PSOE acúsanos de subir os impostos. Reiteramos que non nos gusta subir os impostos porque nós tamén os pagamos, pero en todo caso hai que dicirlle aos cidadáns que os socialistas subiron os impostos durante os catro anos do bipartito, e mesmo chegou a subilos un 4% en 2010. Vai ser que o señor Llano ten pouca memoria e se esquece do que el mesmo fixo”.
O alcalde rematou a súa reflexión sinalando que “agora resulta que o señor Llano está moi preocupado porque teñan subvencións tódalas asociacións. Nós tamén estamos preocupados por ese tema, pero o que resulta sorprendente é que o señor Llano diga agora que non gobernamos para todos. Este ano concédense máis de 20 subvencións a outras tantas asociacións e colectivos. Nos anos 2009, 2010 e 2011 o señor Llano gobernaba para moi poucos porque soamente concedeu tres subvencións, iso si, as tres foron vía convenio, algo que estamos facendo nosoutros e que el agora critica. Entón gobernamos para bastantes máis do que o facía o señor Llano. E xa lle anunciamos que nosoutros no ano 2014 vamos incrementar o número de subvencións e a partida para ese fin, lle guste ou non. Nosoutros cumprimos co que prometemos no seu día. No programa electoral ía recuperar as subvencións e estámolo cumprindo. A principios de ano dixemos que se había cartos fariámolo este mesmo ano e estámolo cumprindo. Quen incumpriu no seu momento coas asociacións foi o señor Llano, que dun plumazo retirou todas as subvencións menos tres”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



