O Concello de Xove está desenvolvendo unha campaña subvencionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para reforzar o idioma galego nas relacións comerciais e empresariais en xeral. Nestas datas, fanse máis visibles os seus resultados.
Este proxecto contou con dúas accións:
Asesoramento ás empresas para a normalización e normativización da súa documentación, para fomentar que o galego sexa a súa lingua de comunicación.
Campaña de agasallos:
– Curso de paquetería en galego. Este curso impartiuse desde o 30 de setembro ata o 17 de outubro e tiña como obxectivo formar ás persoas que traballan no sector comercial en Xove.
– Imaxe única na presentación de agasallos en todos os comercios do municipio. Todos os comercios están a empregar a mesma imaxe para a paquetería de Nadal, para iso o Concello editou un papel de embalaxe no que figuran as seguintes frases: Xove, comercio local, agasallos, en galego enténdote. Tamén repartiu, en colaboración coa ACIAM, os mesmos materiais decorativos necesarios para presentar un agasallo de maneira atractiva e única.
– Postal de Agasallos. O Concello deseñou unha postal para agasallar ás persoas consumidoras das empresas do municipio.
Carácter innovador:
Trátase dunha campaña innovadora, xa que é a primeira vez que todos os comercios locais envolven da mesma maneira os paquetes de agasallo.
Potenciación do empresariado local:
O Concello de Xove quere promocionar as empresas locais recordando que nestas datas unha boa parte dos agasallos de Nadal se poden mercar no comercio xovense, porque está convencido de que sustentan parte da nosa economía e xeran emprego e riqueza.
Mercar produtos e contratar servizos nas empresas locais ten os seguintes motivos e razóns:
• Porque son os nosos veciños e veciñas.
• Porque están cerca.
• Porque no comercio local pódese atopar o mellor trato persoal e o mellor servizo profesional.
• Porque son un lugar de encontro no que falar, informarnos do que pasa na zona e coñecer a quen vive connosco.
• Porque aportan vida a Xove.
• Porque organizan actividades e participan nas que organiza o Concello.
• Porque lles importas e trátante con confianza.
• Porque sen eles moitas persoas veciñas quedarían no paro.
• Porque non te van enganar e ofrécenche garantías.
• Porque están doadamente localizables se tés algún problema.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



