Santiago, 10 de decembro de 2013.- A presidenta do Consello Consultivo de Galicia, Mª Teresa Conde-Pumpido, e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, asinaron este martes un protocolo de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgativo e investigador en materias competencia destas dúas institucións.
A sinatura deste acordo de colaboración prodúcese despois de que desde o Consello Consultivo de Galicia se iniciase unha aproximación á Administración local, concretamente ás catro deputacións galegas, co fin de redundar na cooperación institucional e facer máis visibles os vínculos de colaboración que unen a estes organismos. Este é pois, o primeiro acordo destas características que se asina, pero en datas futuras, o CCG tamén ratificará cadanseu convenio coas restantes deputacións.
Tras ratificar o texto, a presidenta do Consello Consultivo de Galicia destacou que esta iniciativa se enmarca no obxectivo deste organismo de fomentar a formación en materia xurídica de funcionarios. Neste senso, Mª Teresa Conde-Pumpido lembrou a colaboración coa EGAP que permite a formación a funcionarios da Xunta de Galicia e tamén da Administración local e valorou a oportunidade que ofrece a Deputación Provincial de Lugo como “enlace” máis directo coa xestión local. A presidenta do CCG salientou que este é o primeiro acordo destas características e apuntou que pronto se sumarán as tres restantes administracións provinciais nun intento de “achegar o traballo de seguridade xurídica que ofrece o CCG ás Administracións locais”.
Pola súa banda, o presidente da Deputación Provincial de Lugo destacou a “magnífica labor” que desempeña o CCG e comprometeuse a “divulgar este órgano e trasladar o seu traballo aos concellos da provincia lucense”. Neste sentido, José Ramón Gómez Besteiro salientou que cada vez máis, os goberno locais, e sobre todo os de menor tamaño, demandan este tipo de asesoramento, o que outorga, ao seu xuízo, “máis información e máis transparencia” na xestión local. Para o presidente da Deputación lucense, este acordo contribuirá a mellorar o servizo público dos entes locais, proporcionado un “mellor traballo aos cidadáns”.
A sinatura deste acordo produciuse no decurso dunha visita institucional do presidente da Deputación Provincial de Lugo a sede do Consello Consultivo de Galicia, na que o responsable provincial tivo ocasión de departir con varios conselleiros do órgano autonómico ao tempo que coñeceu de primeira man, o procedemento previo ao ditame do CCG sobre calquera asunto ou materia.
Mª Teresa Conde Pumpido explicoulle a José Ramón Gómez Besteiro como se ten incrementado nos últimos anos a actividade deste órgano e a valoración cada vez máis positiva da utilidade dos ditames emitidos. Ademais, puxo o CCG ao servizo da administración provincial e local para que soliciten o seu asesoramento naqueles documentos e expedientes que o consideren necesario.
Colaboración
Segundo o protocolo asinado este martes, o Consello Consultivo de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo realizarán cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación. Ademais, editarán libros, outras publicacións e documentos de traballo e promoverán a actividade investigadora das dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos. O Consello Consultivo de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo comprométense tamén a impulsar administración electrónica.
Segundo recolle o protocolo asinado, os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre a totalidade das creacións que resulten deste protocolo, serán titularidade conxunta da Deputación e do CCG. Ademais, cada un dos organismo comprométense a enviar ao outro exemplares das publicacións e traballos enmarcados nesta colaboración para que estes figuren entre os fondos bibliográficos da Deputación e do Consello Consultivo.
Deste xeito, a Deputación Provincial de Lugo cumpre un dos seus cometidos como organismo prestador de servizos públicos de carácter supramunicipal e como institución cercana á cidadanía preocupada polo desenvolvemento de actividades socioculturais que poñan en valor o patrimonio material e inmaterial da Comunidade galega.
Precisamente, para o bo desenvolvemento das actividades enmarcadas neste protocolo, constituirase unha comisión mixta, integrada por representantes de cada unha das institucións asinantes que se encargará entre outros cometidos, de concretar, seguir, interpretar e avaliar as accións derivadas deste acordo.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



