Espazo Ecosocialista reuniu a súa sesión trimestral do seu Consello Político Nacional. Nela analizouse a situación política, abordouse o debate sobre a fase na que esta a construción da esquerda nacional e convocou a súa II Asemblea Nacional.
Para Espazo Ecosocialista seguimos a vivir unha situación dramatica para as persoas que contrastan coa propaganda que desde o Goberno Central e a xunta de Galicia faise sobre a situación económica. Nese senso lamenta que os orzamentos da Xunta de Galicia aprobamos esta semana no parlamento de Galicia aposta pola prioridade no pago da debeda, polos recortes sociais e a falla de propostas inversoras. Tamén o remate do proceos de bancarización e desmantelamento das caixas galegas coa venda de saldo de NGB ao banco venezolano Banesco.
O impulso á Campaña da Renda Básica, como ferramenta para un cambio de concepto do traballo e tamén dos dereitos sociais é clave. Espazo valora positivamente a campaña europea a favor da Renda Básica Incondicional, a inciativa que se pora en marcha a nivel de estado por organizacións sociais e tamén o anuncio da Junta de Andalucia de levar ao parlamento unha iniciativa de renda básica autonómica.
Espazo Ecosocialista tamén valorou como positivo o acrodo das forzas catalanistas para acordar data e pregunta do ‘dereito a decidir’ do xeito máis inclusivo. Para Espazo este acordo amplio das forzas parlamentarias catalanas amosan unha transversalidade nacional, superadora de fronteiras ideoloxicas entre nacionalistas e estatalistas. Ademais para Espazo a situación de Catalunya amosa un impulso cidadá importante e sobre todo confirma un esgotamento do modelo xuridico-político saido da transición e a necesidade da apertura dun novo porceso constituínte para unha nova democracia máis xusta no social, máis sustentable e por necesidade plurinacional.
O CPN de ESPAZO analizou a situación de AGE e a o momento no que esta a construción da esquerda nacional plural.
Espazo, máis alo das dificultades lóxicas nun proceso tan complexo, entende que AGE esta a ter dificuldades de construción coma instrumento político desde a súa constitución como colación electoral e a súa irrupción no parlamento galego.
Os últimos acontecimentos son a punta do iceberg dun problema máis grande en AGE que ten que ver coa falla de vontade da súa consolidación por unha parte da coalición e que se ven amosando na falla de interese en xuntar o CCC, en bloquear a celebración de asembleas unitarias como AGE, impedir aos grupos interactuar xunto coa cidadanía fora do parlamento,….
Hai dúas visións sobre AGE: a que entende AGE coma un acordo especifico para as autonómicas e mesmo conxuntural e outros que entendemos que a unidade da esquerda nacional é un proxecto estratéxico de longo percorrido.
En todo caso, as dúas visión son lexitimas e por iso Espazo imos cumprir cos nosos compromisos co Grupo Parlamentar de AGE, tal como o vimos facendo ata agora, participando no mesmo ata que remate a lexislatura.
Pero igualmente queremos deixar claro que temos dereito e imos seguir traballando, tal como o estamos a facer, para seguir a construír un referente plural da esquerda nacional con aquelas forzas que o queiran facer.
Nese senso o CPN ratifica o acrodo acadado con Esquerda Unida o 10 de outubro no que se apostaba por unha “coordinación de proxectos de ruptura a nivel de Europa e cunha alianza a nivel de Estado que permitan abordar un proceso de superación democrática do esgotado modelo saído da transición.”
Ampla unidade na que debe “participar un suxeito nacional galego, xa que a nova democracia debe ter un caracter plurinacional claro, coordinado cun proxecto de forzas de esquerda transformadora doutros territorios e mesmo do estado, tendo en conta a circunscrición única e a situación de crise sistémica e de novo proceso (s) constituínte (s).”
E ademais reafirmamonos tamén en “que ademais de alianzas electorais a esquerda debe avanzar en formular de cooperación estratéxica sobre un caracter democrático e nacional. Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista Galego comprométense, nesa liña.”
O CPN de ESPAZO acorda desenvolver ese acordo con ESQUERDA UNIDA consciente da urxencia de definir progrmas e candidaturas para as próximas eleccións europeas, entendendo ademais que estamos xa nunha nova etapa na construción da esquerda nacional galega e plural.
Por último, e atendendo tamén a esta nova etapa que se abre, Espazo Ecosocialista aprobou a documentación e o calendario para a súa II Asemblea Nacional co carácter máis aberto posible, sendo responsables de que a esquerda cooperativa nacional necesita dun polo forte de esquerda galega renovadora.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



