Ribadeo, 6 de decembro de 2013. O Mercado do Nadal, que conta con 32 postos instalados nas rúas peonís do centro de Ribadeo, segue ata o domingo. Para esa xornada de clausura están previstas varias actividades, como unha mostra en vivo de tear a cargo de Noela Feal Jiménez. Será de 11 a 14 horas na rúa Ramón González. Ademais a partir das 12 do mediodía haberá animación musical nas rúas.
Para a tarde, de 16 a 19:30 horas, está programado un obradoiro de origami, que é unha técnica de orixe xaponés consistente no pregado de papel para obter figuras de formas variadas sen usar tesoiras nin pegamento. Tamén se coñece como papiroflexia. Esta actividade correrá a cargo de Magüeta Animación e desenvolverase na oficina de turismo.