Foz, 5 de decembro de 2013. A programación de Nadal do Concello de Foz empezará co festival en beneficio do asilo de anciáns o día 14 deste mes, sábado, e rematará o 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reis. Ademais haberá outras actividades como un encontro de canto coral, unha foliada infantil, concertos de panxoliñas e a visita de Papá Noel. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo.
“O vindeiro día 14, sábado, ás seis e media da tarde farase na sala Bahía o festival en beneficio do asilo de anciáns de Foz no que participarán a Tuna de Veterinaria de Lugo, O Feitizo animación, o grupo de teatro A Adala, Tono, a Asociación Folclórica Andaravío, a Rondalla Latexos, Carina e o grupo Canere Sons. Cobrarase unha pequena entrada de tres euros e a recadación íntegra levarase ao asilo ao final do festival”, explicou Ánxel Paleo, quen tamén aclarou que “os que non queiran aportar nada tamén poderán pasar sen ningún problema” e destacou que “toda a xente que participa neste festival faino de forma desinteresada e quero agradecer a súa colaboración”.
O edil de Cultura engadiu que “ao día seguinte, o domingo 15, celebrarase o 11º Encontro de Canto Coral de Nadal tamén na sala Bahía as seis e media da tarde. A entrada é gratuíta e participarán o coro parroquial Virxe da Peregrina, de Cordido; o coro parroquial de Cangas; o coro Virgen de los Dolores, de Ferreira; o coro Os Castros, de Cangas; o coro da Escola de Música de Foz; o coro parroquial de Foz; o grupo Mar Aberto; a coral polifónica de Burela e a coral polifónica de Foz”.
Ánxel Paleo tamén deu a coñecer que “na semana seguinte o día 21 será a foliada infantil que organiza a agrupación folclórica A Subela, que a fai todo os anos con chocolatada incluída. E, xa nas propias datas do Nadal, o 24, día de Noiteboa, ás doce da mañá os alumnos da Escola de Música de Foz farán un concerto de panxoliñas pola rúa se o tempo acompaña; e tamén está previsto que Papá Noel chegue a Foz ao mediodía para percorrer as rúas e falar cos nenos e nenas. Teremos tamén o concerto de Nadal que fai todos os anos a Banda de Música de Foz, que será na igrexa parroquial pero de momento non está concretada a data de celebración”.
Ademais “o venres 27 ás seis e media da tarde na sala Bahía teremos teatro infantil coa compañía Os Quinquilláns representando a obra O Merlín. O 31, día de Fin de Ano, os alumnos da escola de música tamén farán un concerto de panxoliñas pola avenida da Mariña. E, xa metidos no ano que vén, o sábado día 4 a orquestra Oresmu, da Escola de Música de Foz, fará un concerto na sala Bahía a partir das sete e media da tarde. E, para rematar, o domingo día 5 terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas do pobo acabando na Casa do Concello, onde estará o belén”.
O concelleiro de Cultura rematou invitando “a todos os veciños de Foz e da Mariña que queiran asistir a estes actos que se acheguen ata Foz”.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



