María Luisa Piñeira Núñez.- O Partido Popular chegou ao goberno facendo bandeira da creación de emprego, o non abaratamento do despido, a mellora nas pensións ou a non subida de impostos entre outros, promesas todas elas incumpridas amparandose no mantra da “herencia recibida”.
Agora ben, o que non se lles pode botar en cara é que non leven imposto a súa ideoloxía, ben sexa a golpe de decreto ou a golpe de lei arrasando importantes dereitos acadados polos gobernos socialistas. Pero cantos destes decretos ou leis son para mellorar a calidade de vida ou os dereitos dos cidadáns?
Por poñer uns exemplos: A reforma laboral creou emprego? A das pensións garante o poder adquisitivo dos maiores tras toda unha vida traballando? O copago dos medicamentos serve para algo mais que trasladar o seu custo ao peto dos enfermos? A paralización da lei de dependencia, beneficia aos dependentes ou aos seus coidadores? É xusta ou ética subida do IVE á vez que se aplicaba unha amnistía fiscal aos grandes defraudadores? E os recortes igualdade, xustiza, sanidade, educación, becas? Aquel “crédito en condiciones ventajosas” que foi o rescate á banca e que non ía custar un céntimo aos españois, non nos custou nada? A resposta é un rotundo NON. O estado de benestar e os dereitos dos españois están peor a cada día que pasa.
Aquí, na Mariña, coñecemos ben as promesas incumpridas do PP sobre todo no tocante ao Hospital da Costa do que ano tras ano prometen a ampliación ou en como impuxeron tras negala, a xestión integrada en Lugo, algo que non ía afectar nin a calidade da atención nin aos pacientes, que se ía achegar a sanidade aos enfermos e o que estamos sufrindo é un paulatino desmantelamento dos servizos e nunca tantos veciños e veciñas se viron obrigados a viaxar a Lugo. Pero por esta perdida de calidade asistencial os alcaldes do PP da comarca non convocan “plenos extraordinarios” para esixir que se respecten os dereitos dos seus veciños enfermos, claro que esto depende da Xunta de Galicia e non da Deputación de Lugo.
Cando un goberno incumpre unha tras outra as promesas e traspasa todas aquelas liñas roxas que se tiña marcado, a contestación social é un feito, incontables son xa as concentracións, manifestacións e folgas en calquera cidade ou pobo, a resignación dos cidadáns esta chegando ao límite e cada vez son mais os que se mobilizan para enfrontarse ao consideran inxusto.
Ante esta ola de protestas que inunda as rúas, o Goberno do PP, saca o proxecto da “Ley de Seguridad Ciudadana” co que pretende limitar a capacidade dos que, no seu lexitimo dereito, deciden manifestarse, concentrarse ou protestar na defensa dos seus dereitos e a súa dignidade.
O impulso desta Lei demostra a soidade do Goberno nas medidas adoptadas e que por moito que se empeñen en facernos crer que xa esta aquí a tan ansiada recuperación económica ou que se ve a luz ó final do túnel, eso non é percibido por unha cidadanía cada vez mais empobrecida. Unha cidadanía que considera que as decisións tomadas polo goberno non responden ás necesidades reais da xente e demostra a súa indignación da única maneira que lle queda, mobilizándose, loitando e protestando.
Blindarse aumentando as sanciones administrativas que eluden as garantías dun proceso xudicial, reprimir a indignación dos cidadáns polas decisións tomadas unilateralmente polo Goberno e que non se exercite a liberdade de expresión parece ser o fin perseguido polo PP nun intento que recorda mais, salvando todas as distancias, a réximes pasados onde a voz do pobo era acalada sen contemplacións, que a unha España democrática e do século XXI.
Pese a todo seguiremos sendo moitos aos que non nos van amedrentar e que vamos a seguir esixindo, en actos cívicos amparados pola Constitución, que non imos permitir que nos espolien o estado de benestar e os avances e dereitos logrados polos socialistas. Entre eles o PSdG-PSOE de Foz que como leva facendo sempre, seguira asistindo e apoiando as manifestacións e concentracións pacificas, que se celebran na Mariña e na provincia, e así o fixo nos pasados días estando ao lado da veciñanza na defensa do Hospital da Costa contra o repago de fármacos, cos sindicatos contra dos recortes, co sector educativo en contra da LOMCE ou o copago dos comedores escolares, apoiando aos traballadores de Sargadelos, a plataforma Nunca Máis.
María Luisa Piñeira Núñez
Secretaria de Organización do PSdG-PSOE de Foz.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



