Mondoñedo, 14 de decembro de 2013.- O PP de Mondoñedo anunciou este sábado que pedirá nunha sesión plenaria extraordinaria a ampliación da exposición pública do PXOM.
Xustifican os populares mindonienses a necesidade de información xa que as oficinas técnicas non estiveron a pleno rendemento e os veciños non contaron con información.
Os populares detectan erros no documento e alertan de que se deixan fóra de Mondoñedo, vivendas que se ubican noutros concellos. Tamén avisan do exceso de extensión de zonas verdes.