A risa ten a función biolóxica de axudar a manter o benestar físico e mental. Con esta temática a UNED-Aula Universitaria de Foz realiza un Taller de Risoterapia e Yoga da Risa o 20 de decembro de 16:30 a 20:30 horas impartido por Pilar Lorenzo. Os interesados en descubrir os beneficios da risa (redución de estrés, alivio dos síntomas de depresión e ansiedade, aumento da memoria, o pensamento creativo e a resolución de problemas, mellora a interacción persoal, as relacións sociais, aumento da amigabilidade, a colaboración, a solidariedade, e a cohesividade), poden recibir máis información e formalizar a matrícula a través do teléfono 982 133 699 ou do correo electrónico foz@lugo.uned.es. O prezo da matrícula é de 30 euros, 25 para alumnos da UNED e desempregados ou 20 euros para discapacitados.
























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



