Xove, 9 de decembro de 2013.- Alcaldes, portavoces locais, deputados e cargos públicos do Partido Popular da Mariña acompañaron este luns ao secretario xeral provincial, Jose Manuel Balseiro, nunha rolda de prensa na que denunciaron que a Deputación de Lugo vén de consumar o seu “atropelo, marxinación e desprezo” aos desempregados da Mariña lucense.
NON RECTIFICOU
A non rectificación do Goberno bipartito que preside Jose Ramón Gómez Besteiro -que desatendeu a petición formulada polo PP no último pleno provincial extraordinario-, implica que só 8 desempregados da segunda comarca máis poboada da provincia poderán ser contratados a través do Plan de emprego da Deputación, “isto significa que só chegarán ao 0,15% do total de parados da comarca”
Balseiro, secundado polos cargos públicos populares, acusou a socialistas e nacionalistas de deseñar un Plan de emprego “que rouba os dereitos dos parados da comarca e que racha a igualdade de oportunidades deixando fóra do plan a 14 dos 15 concellos da Mariña, cuxos veciños desempregados nin tan sequera poderán participar na selección deste plan de emprego pagado co diñeiro de todos os lucenses”
“Os datos son contundentes e, aplicando as bases do Plan, só 139 desempregados do concello da Pontenova poderán participar na selección das 8 prazas dispoñibles, isto é o 98% queda fóra, sen opción nin tan sequera a ser avaliado na selección”-denuncian desde o PP
Desde o PP sinalan que cando socialistas e nacionalistas presumen de compromiso cos parados e pretenden dar leccións de cómo xerar emprego na comarca, á hora de verdade, cando lles toca aplicar os seus programas propios, dan as costas aos desempregados da Mariña. Neste senso emprazan aos dirixentes de PSOE e BNG a explicar diante dos seus veciños, baixo que falacias ou suposto reequilibrio territorial pode xustificarse que un plan para o que se destina 2 millóns de euros de diñeiro público só permitirá 8 contratacións na nosa comarca.
A XUNTA CHEGA A TODOS OS CONCELLOS
Fronte á marxinación e partidismo que caracteriza o Plan de emprego da Deputación de Lugo, Balseiro puxo en contraste as iniciativas da Xunta que, envorcadas no apoio aos desempregados, chegan a todos os concellos sen excepción e non discriminan aos parados en función do municipio no que residan, como si fai o plan de Besteiro.
Desmontando cada un dos argumentos dados por PSOE e BNG para xustificar a marxinación da Mariña no Plan de emprego provincial, Balseiro explicou que a Xunta tanto a través do Plan de Cooperación, como dos obradoiros de emprego, como dos cursos formativos para parados ou as axudas da rede Natura chegan a todos os municipios da comarca sen excepción.
O Plan de Cooperación da Xunta permitiu, só en 2003 que todos os concellos da comarca -os 15 sen ningún tipo de excepción- contrataran a 156 desempregados e supuxo un investimento de 656.387 euros.
Balseiro quixo deixar claro que non é certo que a través do Plan de emprego da Deputación se busque compensar a falta de apoio da Xunta a algúns concellos pois, como é evidente, todos reciben axudas para realizar contratacións. Ademais no caso concreto do único concello da comarca que poderá participar no Plan, o da Pontenova, dáse a circunstancia de que nin tan sequera solicitou un obradoiro de emprego nos últimos 3 anos, polo que dificilmente puido ser discriminado por algo que non pediu.
Desde o PP explican que só en 2013 a comarca da Mariña, haberá tres obradoiros, no que participarán 62 persoas desempregadas e disporán dun orzamento de máis de 550.000 euros. Balseiro destacou as vantaxes destes proxectos, que poden ser solicitados por todos os concellos sen límite algún -a diferenza do que acontece co plan de emprego da Deputación- xa que favorecen o acceso a un posto de traballo, ao tempo que ofrecen unha formación teórico e práctica de calidade, certificada e adecuada ao mercado laboral; e permiten a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade.
Os populares tamén explicaron que a Xunta financiou, só en 2013, nesta comarca 29 cursos incluídos no programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD), que dispuxeron dun orzamento de 1,4 millóns de euros e que permitiron formar a case 450 alumnos. No conxunto da provincia neste último ano, as accións formativas da Xunta para desempregados supuxeron 4 millóns de euros e chegaron a máis de 2.000 persoas.
O Partido Popular indicou, finalmente que, contra o criterio empregado pola Deputación para xustificar a discriminación do seu Plan de emprego, todos os concellos da Mariña con superficie declara como rede Natura recibiron axudas da Xunta cun importe mínimo de 20.000 euros en 2013.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



