Burela, 17 de decembro de 2013. O equipo de goberno xa pechou os presupostos municipais para 2014 que ascenden tanto no capítulo de ingresos coma no de gastos a 6.439.000 euros. O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que se incrementan nun 3’2% con respecto aos deste ano, que son uns orzamentos austeros e adaptados ás necesidades básicas de Burela.
O rexedor explicou que “no equipo de goberno xa temos pechados os presupostos municipais de Burela para 2014. Son uns orzamentos que medran un 3’2% e ascenderán a 6.439.000 euros no capítulo de ingresos e a outros tantos no capítulo de gastos”.
González Barcia indicou que “a nosa intención é convocar as comisións informativas pertinentes, previas á celebración do pleno, para este venres, 20 de decembro. Antes desas comisións haberá unha xuntanza da mesa de negociación cos representantes sindicais para explicarlles as liñas xerais do presuposto no que se refire ao capítulo de persoal. E ese mesmo día despois da celebración das comisións informativas terá lugar unha reunión coa asociación de veciños O Vencello, na que lle explicaremos ao colectivo veciñal maioritario aquí en Burela as liñas mestras dos presupostos do vindeiro ano”.
Para o alcalde burelés “os orzamentos recollen as necesidades básicas do concello de Burela. É un presuposto que se rexe por unha máxima que é non gastar máis do que se ingresa e pagar todo o que se debe e por outra parte nos permitirá manter os servizos básicos municipais tal e como os viñamos prestando ata o de agora, que eu persoalmente creo que están a funcionar de forma máis que aceptable”.
O equipo de goberno entende que “os presupostos se basean fundamentalmente na austeridade, dado que a principal lacra que teñen é o pago das débedas herdadas por este equipo de goberno. Convén lembrar que nós aínda estamos a pagar a débeda herdada do antigo Concello de Cervo, que pesa coma unha auténtica lousa sobre a economía municipal e agora mesmo estamos a pagar a débeda herdada do bipartito que ascende a 1.100.000 euros, en base a crédito. Algo que temos que pagar entre todos os cidadáns e que deberían de pagar en exclusiva as persoas que o ocasionaron. E isto impídenos ter máis marxe de manobra que a que temos”. José Mª González Barcia engadiu que “Burela contará cuns presupostos acordes coas capacidades socioeconómicas que temos no nos termo municipal e axustados á situación actual real”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



