Remontada do Burela Pescados Rubén no derbi galego (4-2) ante o Poio Pescamar que logrou sorprender no inicio pero que tivo que renderse á superioridade laranxa. O choque comezou con moita intensidade aínda que con imprecisións e sen dominador claro. Neste escenario as visitantes lograron sacar proveito e situarse cun 0-2, goles de Charo e Ceci, que lonxe de amilanar ás burelesas activou a súa reacción.
O Burela comezou a xerar ocasións de perigo pero Silvia, porteira visitante, e o travesaño tras un disparo de Lidia impedían recurtar distancias. O dominio local recolleu o seu premio co 1-2 logrado por Lidia, minuto 14, e o asedio incrementouse ata o descanso aínda que sen movementos no marcador. O Poio Pescamar recibiu o descanso con alegría ante as ocasións locais.
No segundo capítulo, as pontevedresas xa non puideron evitar a remontada laranxa que se materializou con dous goles de Peque para situar o 3-2. O Poio intentou reaccionar pero as mariñás non cederon e no tramo final Lidia puxo a sentenza definitiva (4-2) desde o dobrepenalti.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Peque, Maite, Lidia-cinco inicial- Lara, Claudia.
Poio Pescamar: Silvia, Kiko, Ceci, Claudia, Charo –cinco inicial- Peke, Elena, Yoli,
Goles: 0-1, m.7, Charo; 0-2, m.12, Ceci; 1-2, m.14, Lidia; 2-2, m.26, Peque; 3-2, m.31, Peque; 4-2, m.39, Lidia.
Árbitros: Darriba Villamor, Villanueva Blanco. Galicia. Amosaron cartón amarelo a Maite, minuto 32, no Burela e a Kiko, minuto 39, no Poio.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Vista Alegre de Burela correspondente á xornada 12 de Primeira División. 800 espectadores, con numerosa presenza de seareiros do Poio Pescamar. Antes do inicio do encontro Lidia, Peque e Jozi posaron coas medellas de subcampionas (España) e campiona (Brasil) do Torneo Mundial.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
