O senador socialista por Lugo, Ricardo Varela, subliñou que, a pesar de que o PP tivo a oportunidade no Senado de demostrar a súa aposta por Lugo “ha preferido rechazar todo el conjunto de enmiendas presentadas por el Partido Socialista para mejorar el desarrollo de Lugo y su provincia” xa que vetou infraestruturas tan importantes como a Ronda Norte ou a estación intermodal de Lugo.
Con estas emendas, o PSOE buscaba, ademais, que se habilitara nos orzamentos unha inversión adicional de 2 millóns de euros para os tramos da Autovía A-54 Arzúa-Melide e Melide-Palas. O parlamentario socialista apuntou que era necesario aprobar estas propostas de modificación “para que tuvieran una dotación suficiente y poder contratarse a lo largo del 2014” e recordou que hai uns meses o Goberno incluíu tramos desta autovía aínda sen executar nun contrato de conservación e explotación. “Quieren explotarlos y conservarlos, pero no habilitan fondos para construirlos”, apostillou.
Varela lamentou que tampouco se aprobara a emenda socialista para o Corredor de San Cibrao-Barreiros e a Ronda Norte de Lugo e puntualizou que “el PP no cree en la cohesión territorial y, por eso, olvida en los cajones del ministerio estas obras”. Tamén criticou que non se aceptaran emendas destinadas a garantir a seguridade viaria na provincia e indicou, neste sentido, que “hemos solicitado incorporar un millón de euros para la conservación de carreteras en la provincia y lo han rechazado. No invertir en conservación es un error de futuro”.
O senador lucense recordou que “desde que el PP regresó al Gobierno no sólo no ha habido ningún avance en las obras en marcha de la variante de A pobra y San Xiao, sino que se ha introducido un retraso hasta el año 2017”. Por otra parte, matizou que o PP volveu a impedir que prosperen as emendas socialistas que “demandaban una inversión adicional de 2 millones de euros para las obras de esta variante en la futura línea de alta velocidad a Ourense”, ao tempo que rechazan tamén unha inversión de 1,5 millóns para a estación intermodal de Lugo. “Están abandonando todos los proyectos aprobados por los socialistas y enterrando cualquier posibilidad de futuro al rechazar ahora estas enmiendas”, concluíu.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



