Este sábado os sendeiristas de Pasada das Cabras realizaeon a ruta da Marronda, no municipio máis extenso de Galicia: A Fonsagrada. Dende a localidade de San Paio remataron a súa travesía na área recreativa de Cortevella. A ruta non presentou grandes dificultades e transcurriu pola marxe do río Eo e os regatos de Teixeda e Monte Meán. O día soleado e o chan totalmente almofado de follas de castiñeiros, carballos e bidueiras, fixo que os camiñantes disfrataran enormemente do entorno. Ademais do espazo paisaxístico da Fonsagrada, os de Pasada das Cabras disfrutaron doutros atractivo que ten o concello: o culinario. Ó remate da ruta disfrutaron dun cocido con botelo en Piñeiral. A vindeira tempada comezará o sábado 11 de xaneiro coa ruta dos Muíños dos Oscos.
