Un total de 14 goles se viron no partido disputado o xoves entre o Punto Galego e Lodeiro correspondente á oitava xornada da Liga de Veteranos de Viveiro. Nesta ocasión foi o Punto Galego o que sumou tres novos puntos tras vencer por 8-6.
Dos partidos disputados o luns Gato Pardo, O Recuncho e A Fonte sumaron tres novos puntos tras vencer nos seus respectivos partidos ao Flanagans, Cofipesca e Temple.
Entre no resto dos partidos do xoves conseguiron puntuar Soho, A Curva e Óscar Joyeros. Deste xeito, a clasificación continúa liderada por Gato Pardo con 24 puntos seguido de O Recuncho, con 21.
A vindeira xornada mediranse:
Soho – Punto Galego: luns 9, ás 20.30 horas.
Lodeiro – Os Arcos: luns 9, ás 21.15 horas.
Forum – Flanagans: luns 9, ás 22.00 horas.
O Mesón – Cofipesca: xoves 12, ás 20.30 horas.
A Curva – Temple: xoves 12, ás 21.15 horas.
A Fonte – Óscar Joyeros: xoves 12, ás 22.00 horas.
O Recuncho – Gato Pardo: xoves 12, ás 22.45 horas.