O trío cómico Trípode estrea nas vindeiras datas un novo espectáculo, titulado “Xuízo anticorrupción”. De novo Alberto Níñez, Antonio Jesús Lorenzo “Cachín” e Pepe Vázquez Peinó farán da comedia o seu obxectivo para criticar de forma divertida esas noticias que ultimamente están dando tanto que falar nos medios, relacionadas cos chanchullos. A estrea será o vindeiro domingo, día 15 de decembro, na Confitería Méndez, de Ferreira do Valadouro. Logo sucederanse outras actuacións: o domingo 22 de decembro na parroquia de Alaxe (O Valadouro); o sábado 18 de xaneiro na Casa da Cultura de Alfoz; o domingo 19 de xaneiro no Centro Social de Cangas de Foz; o sábado 25 de xaneiro no Centro Social da Asociación de Veciños de Marzán en Foz… Están concertando novas actuacións, tamén nos meses de decembro, xaneiro e seguintes…
Trípode estrea ‘Xuízo anticorrupción’