Lugo, 18 de decembro de 2013. Este mércores á noitiña presentouse na Galería Sargadelos o libro do catedrático de Economía Aplicada na USC, e portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e xunto ao propio autor do libro tamén estivo Mario Outeiro, portavoz do BNG na Deputación de Lugo e delegado de Cultura e Turismo na mesma institución.
Na presentación do libro, Vence defendeu a idea de que “a incapacidade da UE para dominar a actual crise financeira e de débeda é o fracaso dunha forma de construír a UE e o euro sobre a base duns principios de exceso neoliberais e o fracaso dunhas políticas de resposta á crise asentadas en diagnoses e estratexias igualmente neoliberais”.
Nesta liña, o portavoz nacional do BNG afirmou que “a onde nos conduciu este camiño, xa o estamos padecendo. Agora somos conscientes da urxencia de cambiar este modelo, cambiar radicalmente as institucións que pilotan a economía da Unión e deseñar novas políticas dentro dunha Unión Europea da que xa se cuestiona o seu futuro. Ou se avanza sobre unha federalización máis completa, recoñecendo a todas as nacións que como Galiza a integran e a súa soberanía, ou o futuro seguirá sendo incerto e cada vez a situación máis insostíbel”.
Pola súa banda, Mario Outeiro defendeu que á luz desta nova contribución do nacionalismo á análise do problema europeo do profesor Vence, que hoxe presentamos en Lugo, é tamén obrigado lembrar que ninguén pode acusar de oportunista ao BNG nun momento no que toda a esquerda carga contra a Troika. Dende o BNG, xa no propio momento cuestionamos a integración de España en Europa, cando unha marea europeísta vía aquí a panacea á problemática galega”.
“Neste sentido non está demais lembrar o documento de 1975, “Encol da autodenominada Junta Democrática”, elaborada pola UPG, no que xa o nacionalismo marcaba a súa oposición á integración do Estado español no que era o Mercado Común Europeo como un elemento diferencial fronte ao resto da oposición ao franquismo, empezando polo PC, xa que tiña un marcado carácter como espazo para o intercambio desigual que pola súa propia xenética agrandaría as diverxencias centro-periferia” – afirmou Mario Outeiro.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



