Este xoves terá lugar unha nova actividade dentro do proxecto Ribadeo, Catedral do Mar. De 10 a 12 horas partirá desde a oficina de turismo unha visita guiada na que participarán os empresarios turísticos pertencentes á Rede de Empresarios deste proxecto, promovido polo Concello e apoiado polo Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal. A visita contará coa participación dunha guía oficial e ten coma obxectivos principais dar a coñecer aos empresarios os puntos de interese turístico de Ribadeo, o xeito de explicarllos aos seus clientes dunha forma atractiva, así coma a presentación da Ruta dos Indianos, realizada tamén no marco do proxecto Ribadeo, Catedral do Mar.
Visita guiada pola vila para os empresarios de ‘Ribadeo, Catedral do Mar’
Visita guiada pola vila para os empresarios de ‘Ribadeo, Catedral do Mar’
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo