O vindeiro xoves na Casa do Mar, ás 20:00 horas terá lugar unha xornada de difusión da Iniciativa Cidadá Europea a prol da Renda Básica Universal coa participación de activistas de Asturias e Galicia. Contaremos coa presencia da deputada da coalición AGE no parlamento galego Eva Solla.
A Renda Básica Universal é unha proposta para afrontar a pobreza a través de achegar a toda a cidadanía unha renda igual a cantidade estipulada como o límite da pobreza: o 50% da renda per cápita, que actualmente en España sería de preto de 600€ por persoa.
Na xornada se presentarán os estudos que demostran a viabilidade da súa financiación así coma os beneficios sociais e económicos derivados da súa posta en marcha. A continuación terá lugar unha mesa redonda coa participación do público asistente.
A xornada, aberta a todos os interesados, está organizada polo grupo de apoio a AGE de Ribadeo, que integra a afiliados das diferentes forzas de AGE e simpatizantes da coalición.