Lourenzá, 7 de xaneiro de 2014. A cooperativa para comercializar a Faba de Lourenzá será constituída nunha asemblea que se celebrará este mércores no salón de actos da Casa do Concello ás once da mañá. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destaca a importancia desta iniciativa e lembra as xestións realizadas para a súa creación.
“Despois de manter a principios de xuño unha xuntanza co director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, e tamén co secretario xeral de Medio Rural, Tomás Fernández-Couto, para promover a creación dunha cooperativa en Lourenzá para comercializar a nosa faba, a da Mariña lucense, a Faba de Lourenzá, a través da Indicación Xeográfica Protexida é unha satisfacción ver que esta realidade empeza a cobrar forma. Xa hai tempo que roldaba entre os produtores e tamén o Concello levaba xa anos tratando de apoiar esta iniciativa. Tamén a Xunta de Galicia dende hai décadas viña realizando un importante esforzo para darlle pulo á utilización do cooperativismo como unha vía para acadar un desenvolvemento económico equilibrado e integrador. Por este motivo tanto a Consellería de Medio Rural como a de Traballo apostaron por axudar aos produtores de faba a constituír unha cooperativa en Lourenzá. Esta cooperativa xa ten nome, que é Terras da Mariña Sociedade Cooperativa Galega, e chegou a este punto grazas ao esforzo dos produtores da faba e horta da Mariña, grazas á Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar e co apoio da unión de cooperativas Agaca e, como non podía ser doutro xeito, coa colaboración prestada polo propio Concello de Lourenzá”, lembrou hoxe a rexedora municipal.
Emma Álvarez engadiu que “finaliza pois unha tarefa que durou varios meses e na que, aparte de sentar as bases desta futura cooperativa, tamén se fomentou e promoveu entre os distintos fabeiros prestando asesoramento e apoio técnico, necesario para que se constituíra a cooperativa dende a Asociación Galega de Cooperativas”.
Ademais a alcaldesa anunciou que “o grupo promotor e o posterior consello reitor de Terras da Mariña Sociedade Cooperativa Galega contará con todos os apoios oficiais establecidos que axuden a unha produción e comercialización da faba e da horta da Mariña de xeito eficiente e competitivo para todos os seus socios. Está convocada para este mércores 8 de xaneiro ás once da mañá a asemblea constituínte desta cooperativa, Terras da Mariña, baixo unha orde do día que ten seis puntos e na cal se vai decidir sobre a clase de cooperativa que se pretende constituír; vanse discutir e aprobar, se procede, os estatutos sociais en base ao proxecto presentado e que foi elaborado polos socios promotores e tamén polos técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca); tamén se van elixir mediante votación secreta aos compoñentes do primeiro consello reitor; e ademais designar os promotores que deberán outorgar a escritura de constitución. Nesta asemblea constituínte tamén se vai determinar a forma e os prazos en que os promotores terán que desembolsar a achega mínima obrigatoria, segundo marcan os estatutos”.
Álvarez Chao rematou manifestando que “dende o Concello agardamos que haxa moitos interesados nesta iniciativa e convidámolos a que participen neste proxecto que nos parece de máximo interese para os profesionais do sector, non só do concello de Lourenzá senón de toda A Mariña. O éxito desta iniciativa servirá para fixar postos de traballo tanto en Lourenzá como no resto dos concellos da zona que se dediquen á produción de faba. E, aínda que nun principio xurdiu a idea dunha cooperativa comercializadora, serán os socios os que mañá determinen que tipo de cooperativa se vai constituír”.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



