O cambio de ano, aínda que non signifique nada de por si, da unha oportunidade de botar a vista atrás para lembrar o bo e o malo, ter unha visión de conxunto, e reflexionar para mellorar, facer o que non se puido facer, …
Dentro da AVV O Tesón tamén pasamos a vista por ese ano do que a grande maioría nos despedimos esperando poder recuperar pronto algunha das perdas. Por iso, pola esperanza, o primeiro que nos ven á cabeza é un proxecto que grazas ó realizado en 2013, este ano sairá adiante en boa parte se non hai máis contratempos: a residencia de maiores. Vaia por bo camiño. Por iso, pola súa consecución, coidamos que debemos felicitar a José Mª Rodríguez, presidente e cabeza visible da comisión veciñal encargada de promovela, sen descoidar estender a felicitación a moitas outras persoas que, en menor ou maior grao, contribuíron a facer posible este estado de boa esperanza actual.
Esta volta, a lotería que reparte a asociación -máis como motivo de comuñón cos asociados e co pobo en xeral que para obter fondos (510 €)- tivo o reintegro, o que permitiu un pequeno sorriso cara ó fin do ano.
A cambio dalgunha boa nova, algunha outra non tan boa: un tema que puxemos en marcha, a volta do xulgado a Ribadeo, está totalmente parado, sen consideración algunha por parte institucional. E, mentres que nalgúns lugares xa se vai normalizando o nome de ría de Ribadeo, noutros aínda queda por facer.
Aproveitamos estas liñas para ofrecer o noso apoio a quen poda ter máis ascendencia ca nós para poder solucionar estes temas.
As vidrieiras, outro dos seguimentos que vimos facendo xa hai varios anos, parece que leva camiño de solucionarse. Pedimos que tan pronto estean reparadas sexan expostas para que a xente podamos achegarnos e ver que pasou, como foi feita a restauración, algo da súa historia ou como van ser dispostas de novo na capela do cemiterio. A súa exposición foi pedida xa por escrito o pasado outono.
A nosa asociación ten realizado diversas actividades para socios e para a poboación en xeral. Inclúese aquí o ciclo de películas -4- realizado na primavera, con temática relacionada con temas sociais e humanos, que deu lugar a interesantes debates. Tamén dentro do ámbito cultural e social se inclúe o ciclo de conferencias -asemade 4- relacionadas coa crise, a economía e falsos dogmas, que impartiron catro persoas que ofreceron con olla ampla e dende Ribadeo a súa perspectiva da crise, as súas orixes, o seu desenvolvemento, as súas consecuencias … conferencias das que algunha xa se subiu a internet e o resto espérase subir pronto: o obtido nas conferencias merece máis difusión, o seu interese é xeral, e a formación que brinda non é doado obtela dun xeito estruturado e desmigado como foi feito.
Tamén de tipo asociativo foi a viaxe realizada, que con motivo primeiro a visita ó Castro de Coaña, permitiu coñecer máis en profundidade lugares do occidente astur como o museo de Porto de Vega, e entablar lazos doutro xeito con asociacións da zona.
A asociación fixo posible a publicación do cartaz de Cartas da ría de Ribadeo, que puxo a disposición de tódolos interesados a reprodución dun conxunto de cartas que amosan diversas percepcións do entorno da ría e ofrecen un enfoque histórico do noso entorno. Por certo que seguen a disposición exemplares nas librerías de Ribadeo.
Como difusión, tamén recomezamos a publicar máis cousas. Así, en internet, no propio blog da asociación, http://o-teson.blogspot.com.es, ou dando a coñecer á xente as preguntas realizadas nos plenos, preguntas que creemos que permiten facer unha aproximación diferente á xestión que se fai da parte comunitaria das nosas vidas. Nese camiño continuaremos.
Seguimos e tentaremos seguir participando, na procura do ben de Ribadeo, dentro das nosas posibilidades en iniciativas diversas. Estaremos en sitios tan diferentes como a Comisión de sanidade pública de A Mariña ou o Consello da Muller de Ribadeo. Insistindo na necesidade da participación cidadá, tanto por parte das persoas como procurando que a participación estea ben regulamentada, que haxa claridade na xestión de Ribadeo, que todos teñamos a posibilidade de aportar a nosa colaboración dun xeito natural, que entre todos podamos facer un Ribadeo mellor.
A asociación en unhas contas que lle permitiron, un ano máis, non variar a cota de asociado -dende 10 €, dende o 2004- contribuíndo así a non incrementar as cargas dos asociados. O que poda pasar neste sentido de cara ó 2015, iso xa se verá.
En fin, faltan moitas pequenas cousas, pero o anterior é un resume da recompilación do feito para difundilo e que se saiba para que a xente poda colaborar. Iso é o que queremos para o que xa é iste ano: colaborar para facer un pobo mellor para vivir, e pedir colaboración para levalo a cabo do mellor xeito posible.
Continuaremos. Coa referencia da ría no nome da asociación, algo incluído no noso entorno, e co sentido que da ó diccionario á verba ‘tesón’.
Mentres, esperamos un mellor ano para todos.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



