A CIG-Saúde A Mariña denuncia o incumprimento sistemático do prego de condicións por parte da empresa Ibérica de Mantenimiento S.A, que dende xuño do ano pasado se encarga do mantemento dos equipos de Electromedicina do Hospital da Costa. A empresa, denuncia a Federación, non cubre o servizo as 24 horas, carece de medios materiais, incumpre os prazos para a reparación e substitución de equipos e non ten a disposición do SERGAS os equipos ofertados para substituír en caso de avaría.
Ademais, advirten do “escurantismo” sobre a cualificación profesional das traballadoras e traballadores desta empresa adxudicataria. “A día de hoxe non está acreditada a cualificación profesional deste persoal para manipular e reparar aparatos de alta tecnoloxía (diálise, radioloxía, laboratorio, endoscopias, respiradores,…)”, aseveran. De confirmarse esta situación, “suporía unha grave irresponsabilidade por parte do SERGAS, polas consecuencias de risco para a saúde dos usuarios/as da sanidade pública da Mariña”.
Retirada de citas para probas diagnósticas
A CIG-Saúde apunta que mesmo dende a Xerencia Executiva do Hospital da Costa se recoñece verbalmente o incumprimento de máis do 50% do prego de condicións. Isto deu lugar a retirada de citas para realizar diversas probas diagnósticas -como endoscopias ou mamografías- dada a incapacidade da empresa adxudicataria para arranxar os citados equipos, “o que deriva nunha diminución da calidade asistencial sendo os mariñaos e mariñás os/as principais prexudicados/as”.
Privatizar para beneficiar empresas afíns
A central nacionalista denuncia que o coa privatización do servizo de mantemento “desmantelouse un servizo público que funcionaba perfectamente, con custes reducidos, profesionais moi cualificados, con experiencia e unha calidade na asistencia inmellorábel”.
Por iso, CIG Saúde A Mariña rexeita enerxicamente toda privatización do patrimonio sanitario público do noso país “tendo claro que as privatizacións non teñen como obxectivo a mellora dos servizos nin o aforro económico, senón o afán do goberno do PP por privatizar a sanidade pública e enriquecer a empresas amigas, pondo a crise como escusa”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



