O vindeiro 26 de xaneiro, domingo de feira na Pontenova, a Asociación gastronómica de A Pontenova e Viajes Lucus, arroupados polas demáis asociacións do municipio organizan un cocido/baile para promocionar e dar a coñecer os domingos de feira da localidade que se celebran en domingos alternos coa feira de Meira. Partirán autobuses dende Viveiro e dende Navia ás 10.00 horas faceendo paradas pola Mariña e o Occidente de Asturias para chegar arredor das 11:30 horas e disfrutar da feira e dos imponentes fornos do municipio. Ás 14:00 horas será o momento de disfrutar dun bo cocido e, pola tarde, haberá baile amenizado por un dúo. Pode anotarse todo o que o desexe por un prezo de 15 euros sen bus e de 20 euros con bus. Información e reservas no 982 043 000.
Cocido e baile para promocionar a Feira da Pontenova
Cocido e baile para promocionar a Feira da Pontenova
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia