Nos últimos tempos as explotacións agrarias galegas e en xeral todo o campo galego está sufrindo cada vez máis intensamente danos ocasionados pola fauna salvaxe, cunha incidencia enorme no caso do xabarín. Todo isto nunha situación económica terríbel que afecta especialmente ao mundo rural e as explotacións agrarias galegas. Sinalar tamén que dende o ano 2009 a Xunta deixou de pagar axudas polos danos do xabarín.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, somos conscientes de que é a Xunta de Galiza quen debe asumir a súa responsabilidade e non tratar de trasladarlle a carga aos TECORES. A administración pública é a posúe a capacidade técnica e económica para encarar e darlle solución ao problema da fauna salvaxe, e non, tal e como pretende, que sexan os TECORES os que teñan toda a responsabilidade dos danos que estes animais ocasionen a terceiros. O Goberno Galego, con esta actitude, o único que pretende é fuxir do seu deber e enfrontar a uns veciños con outros. Os cazadores non son o problema, senón parte da solución.
Debemos incidir tamén en que o incremento dos danos da fauna salvaxe sobre os cultivos é consecuencia do abandono e desestruturación do medio rural galego, froito das políticas erradas que o Goberno do PP está a desenvolver na Xunta de Galiza.
O desenvolvemento das nosas alternativas sustentaranse nos seguintes eixos:
-Asunción por parte da Xunta de Galiza da súa responsabilidade e competencia no tratamento da problemática asociada aos danos causados pola fauna salvaxe.
-Elaboración dun informe da situación actual, comezando por elaborar un estudo rigoroso onde se analice o censo e distribución das poboacións de fauna salvaxe máis problemática e os seus danos. A partir de aí estudaranse diferentes métodos alternativos de control das poboacións. O equilibrio ecolóxico está roto, é preciso urxentemente un control efectivo da poboación de xabarín en Galiza.
-Habilitar de xeito urxente un fondo de danos de compensación que cubra os danos ocasionados pola fauna salvaxe, incluíndo as perdas de colleitas e animais.
-Establecer unha serie de medidas de apoio á actividade agraria e de desenvolvemento rural que axuden a ordenar o territorio.
Por todo o anterior, FRUGA desenvolveu unha campaña informativa de xuntanzas nas principais comarcas afectadas e de recollida de sinaturas nas feiras máis importantes, onde se debateu entre os veciños as solucións que se poden dar e sobre quen ten a responsabilidade sobre esta problemática.
Froito deste traballo, entregáronse 3.000 sinaturas na delegación da Xunta de Galiza en Lugo,
dando voz ao sentimento de abandono que existe no rural. Ao mesmo tempo realizouse unha
concentración de apoio diante do edificio administrativo onde se esixíu respecto e solucións ás
dificultades estruturais que ten o rural galego en xeral e a reparación dos danos da fauna salvaxe
en particular.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



