Cervo, 31 de xaneiro de 2014- O Concello de Cervo fixo entrega dos cheques de axuda ás ANPAS dos centros educativos de infantil e primaria CEIP Cervo e CEIP Cervo nº 1, así como ao IES Marqués de Sargadelos. En concreto, a Concellería de Educación destinou 3.750 euros a esta subvención, é dicir, 1.250 euros a cada asociación.
Na entrega estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Educación, Pilar Armada, e os representantes das ANPAS beneficiarias. Unhas axudas coas que o Concello pretende apoiar a estas entidades no desenvolvemento de actividades educativas complementarias ou na mellora das instalacións, sempre que estas iniciativas redunden no beneficio de toda a comunidade escolar.
En concreto, entre os gastos subvencionables inclúense os relacionados con actividades educativas, culturais, recreativas ou de mantemento e conservación do centro. “Unha forma de colaborar coas asociacións de pais e nais co obxectivo de contribuír con elas ao bo funcionamento dos centros e a dinamizar a educación” explica Armada.
Cabe lembrar que o Concello vén concedendo estas axudas nos últimos anos. Xunto coas ANPAS, tamén reciben subvencións os colexios, ou as familias, para as que hai habilitadas varias liñas, como son as axudas ao transporte escolar, e á adquisición de libros e material escolar. “En definitiva, buscamos colaborar con todos os colectivos implicados na educación dos cervenses para seguir potenciando un piar básico da nosa sociedade” remata a edil.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



