Este sábado 1 de febreiro de 2014 o colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA ten convocado un debate “ARREDOR DO DEPORTE”. Dará comezo ás 6 da tarde na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior, en el intervirán: Omar González (Adestrador. Centro Galego de Tecnificación Deportiva), Carlos Gueimunde (Concelleiro de Deportes. Viveiro), Manuel Otero ( Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galiza), Francisco Villanueva (Presidente da Federación Galega de Triatlón). Matías Nicieza, de Radio Burela, moderará o debate. Pretende o colectivo viveirés dar a coñecer de primeira man as dificultades que teñen os equipos de base, as escolas deportivas ou os clubes de atletismo, á hora de acceder ás subvencións das institucións, tamén avaliar a rede de infraestruturas existentes no concello para practicar deporte… e tratar neste acto todas as cuestións que o público participante propoña.
O deporte a debate, en Viveiro
O deporte a debate, en Viveiro
Relacionado
-
O pasado mércores, 7 de maio, José, veciño de Labradela, na parroquia de A Rigueira (Xove), celebrou o seu centenario
-
Un alumno do IES de Foz acada un cuarto posto no Combiguru Challenge en Venecia
-
Cristobal Rodriguez foi elixido para ocupar unha cadeira no Comite Tecnico da Federación Internacional de deporte Universitario (FISU) con sede en Lausane