“Oé, Oé, Oé”, a obra de teatro escrita por Maxi Rodríguez, foi a escollida para ser a segunda peza que representará o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros, ao longo do presente ano. O citado grupo iniciou a súa andaina a comezos do 2013 chegando a facer ata 12 funcións da súa primeira obra “Os vellos non deben de namorarse” ás cales asistiron máis de 3000 persoas.
Un ano despois, o pavillón de San Miguel de Reinante volverá convertirse nun auditorio para acoller a primeira representación de “Oé, Oé, Oé”, unha obra que tentar poñer a reflexionar sobre a pasión futbolística como escusa para desviar a nosa atención da crise e demais problemas que nos afectan. Nun primeiro momento esta obra ía ser estreada o día 4 de xaneiro, data que consta na cartelería publicitaria, coincidindo coa data de presentación da grupo de teatro no 2013, mais por motivos de saúde dun dos protagonistas, a organización decidiu aprazar a estrea ata o sábado 11 de xaneiro. Será ás 8 da tarde.
A entrada a este acto tén un prezo de 2€, recaudación que o Colectivo Cultural Ollomao destina ao mantemento e cobertura dos gastos do grupo de teatro. As entradas estarán dispoñibles na venda anticipada a partir da fin de semana nos bares de San Miguel de Reinante e máis o mesmo día da función en taquilla, que abrirá ás 7 da tarde.
Asimesmo, a organización planificou xa unha xira por varias das parroquias de Barreiros, que comprende un total de 9 funcións ata o mes de xullo. A próxima cita terá lugar no centro social de San Xusto de Cabarcos, o domingo 19 de xaneiro ás 5 da tarde.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



