BECERREÁ, 24 DE XANEIRO.- O secretario provincial -Juan Carlos González Santín- anunciou este venres ós gandeiros e produtores da provincia que se deron cita na Casa da Cultura de Becerreá, co gallo da xornada informativa “O futuro de Lugo na Política Agraria Común 2014-2020”, organizada polo Partido Socialista, e que contou coa presenza dos deputados no Parlamento europeo Antolín Sánchez Presedo, que integra a Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios da Eurocámara, e da bilbaína Iratxe García Pérez, que compón a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, que o PSOE presentará, na Cámara galega, na Deputación e nos 67 Concellos varias iniciativas para instar á Xunta a que leve a cabo as negociacións oportunas co Ministerio de Agricultura para que Galicia e, concretamente, a provincia de Lugo non se vexan prexudicadas no reparto destas axudas comunitarias.
Deste xeito, no encontro, que contou con ducias de gandeiros e produtores da provincia, os socialistas achegaron posturas cos afectados sobre o tema, pois, tal e como reiterou Santín, “o que non podemos permitir é este xeito irracional de recibir subvencións”. Neste senso, Sánchez Presedo, ante a decisión adoptada en Bruxelas, incidiron na necesidade de que o Goberno galego adopte medidas que garantan a viabilidade do sector agrario como “sector estratéxico”.
A este respecto, o parlamentario subliñou que “son necesarias políticas coyunturales o de estabilización, así como mecanismos de apoyo que constituyan redes de protección sobre los ingresos de los productores y productoras. Hai que exigir un trato financiero para Galicia, alineando la política gallega y la europea para garantizar el mantenimiento de estas ayudas en la distribución de los fondos comunitarios”.
Pola súa banda, a deputada na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural destacou que “hai menos dinero a repartir -pasamos de 5.500 millones a 4.800 en todo el Estado- pero la cifra bastaría siempre y cuando se destinasen los fondos a los agricultores y ganaderos reales, a las empresas o personas físicas que viven y trabajan del agro, tal y como hace Francia”. Por elo, Iratxe García incidiu en que “es una oportunidad perdida para establecer un modelo de política agraria que dirija las ayudas a los profesionales y a las explotaciones que crean empleo”.
As xestións realizadas pola executiva do PSOE foron decisivas para que estes dous políticos que, ademais de ter un recoñecido prestixio a nivel nacional e europeo, destacan por estar especializados no tema que centra o encontro, se desen cita ese día no municipio da Montaña; zona que se atopan boa parte dos perceptores das axudas concedidas pola UE, de aí que os socialistas elexisen este Concello para a celebración da xornada.
Postura dos socialistas
A nova PAC, ademais de contar con menos Orzamento que a anterior, pois só na partida de Desenvolvemento Rural a diminución presupostaria é do 8%, ó priorizar o reparto en función da superficie, non lexitima a quen realmente traballa no campo.
Así mesmo, os socialistas consideran que favorece o desequilibrio na concesión das axudas, pois é o Goberno Central, de común acordo coas Comunidades, o que decidirá quen pode cobrar as axudas. É dicir, prima os equilibrios administrativos, territoriais e sectoriais fronte á realidade das explotacións e dos gandeiros.
Tendo en conta que a nova Política Agraria Común está deseñada de costas ó sector, a súa entrada en vigor provocará unha diminución do número de afiliados á Seguridade Social diminúa e un aumento da súa morosidade. En 2013 destruíronse 700 empregos e a débeda do reximen incrementouse nun 50%.
A 5ª reforma da PAC
Esta é a quinta reforma da Política Agraria Común, pero, por primeira vez, o voto da Eurocámara non é un mero trámite de formalización do pactado polos Ministros de Agricultura europeos, xa que, segundo a nova lexislación, as decisións de Bruxelas deben estar refrendadas pola do Parlamento. “Es decir, el Sr. Cañete, después del apoyo manifestado, es co-responsable de que la UE vuelva a discriminar a Galicia en las ayudas directas,”, aclararon os eurodeputados.
O período de aplicación da nova política agraria abarca o sexenio 2014-2020, pero moitas das disposicións aprobadas terán que agardar ata 2015 para que poidan entrar en vigor, xa que a Cámara de representantes introduciu ata 8.000 emendas, que obrigan ós gobernos dos Vinteoito a trasladar estas modificacións ás súas lexislacións nacionais.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



