LUGO, 27 DE XANEIRO.- Os secretarios de Organización e de Acción Electoral Carlos Ferreiro e Alfonso Orol, en representación da executiva provincial, participaron este luns na concentración convocada polas Plataformas Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade e SOS Sanidade Pública no LucusAugusti. Así mesmo, os socialistas da Mariña tamén se deron cita na manifestación do Hospital da Costa e, os da Zona Sur, no de Monforte.
Deste xeito, as concentracións contaron cunha ampla representación do PSOE na provincia porque, tal e como denuncian, o copago de medicamentos, de acordo co incremento producido no IPC, no período comprendido entre xaneiro e novembro de 2013, sube un 1,5%, o que supón un aumento superior ó fixado para as pensións, que se cifra en 0,25%. Neste senso, “se facemos un cálculo sinxelo, dedúcese que o aumento no custe dos medicamentos é 6 veces maior que o aumento das pensións”, destacou Ferreiro.
Dende xaneiro, “os pensionistas pagan máis do que ingresan”
Por tanto, subliña o socialista, “os pensionistas pagan máis do que ingresan”, pois o Boletín Oficial do Estado (BOE), de 30 de decembro de 2013, publicaba a resolución da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede á actualización da contía máxima dos medicamentos pertencentes ós grupos ATC (código que recolle o sistema ou órgano sobre o que actúa, o efecto farmacolóxico, as indicacións terapéuticas e a estrutura química do fármaco), incluíndo os límites máximos deaportación mensual para as persoas que ostenten á condición de asegurado como pensionistas da Seguridade Social e os seus beneficiarios na prestación farmacéutica ambulatoria.
Segundo a actualización aplicada polo Goberno, as rentas inferiores a 18.000 euros, cuxo límite de aportación era de 8,14 euros ó mes, pasan a un límite máximo de 8,26; as rentas iguais ou superiores a 18.000 euros, cuxo límite era 18,32 pasan a pagar un límite máximo de de 18,59 euros e, as superiores a 100.000 euros, cun máximo era de 61,08 ó mes, pasan a unha aportación de 62 euros.
“É dicir, o Partido Popular volve a dar mostra de cales son as súas prioridades para saír da crise, atacando cruelmente, outra vez, ós que máis necesitan dos servizos públicos. Por iso, os socialistas quixemos estar nas tres concentracións da provincia. Esta é a política dos Gobernos do PP: que pague o que pode. O repago supón un atraco á economía das persoas maiores que, só na provincia son máis de 119.800”, concluíu Ferreiro.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



