A Asociación PASADA DAS CABRAS de Burela vai a empezar o calendario das rutas do 2014 o vindeiro sábado 11 coa RUTA DOS MUIÑOS en Bres – Taramundi de 9 quilómetros e dificultade media/baixa. Os prezos para participar en dita ruta serán de 25 € para os socios e de 30 para os que non o son e inclúe viaxe máis comida. A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela coma sempre. Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504, antes do xoves día 9 ás 13.00 horas.






















O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



