O Centro de Artesanía e Deseño acolleu este mércores as probas de selección das dúas novas bolsas de emprego nos sectores da cantería e carpintería, que ofrece a Deputación. Están dirixidas a lucenses desempregados e menores de 40 anos. Inclúen formación e prácticas remuneradas. 20 persoas, que participaron no proceso deste mércores, optan ás mesmas.
Nos vindeiros días, o organismo provincial publicará os resultados das probas en www.deputacionlugo.org.
As persoas que finalmente resulten beneficiarias recibirán formación da man dos profesionais do CENTRAD, onde realizarán prácticas durante 6 meses. Durante este período, recibirán unha remuneración mensual superior ós 1.000 euros.
A Deputación adica a esta nova liña de creación de emprego 12.500 euros.