A Xunta de Goberno deste venres aprobou a adquisición de 1.900 compoñentes enerxéticos para dotacións públicas municipais de Láncara, Trabada, O Vicedo e A Pobra do Brollón. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que se tratan dunhas actuacións do Plan Enerxético, co que a Deputación aforra a estes Concellos 160.000 euros. “Facémolo ó asumir a totalidade de custes desta iniciativa, a diferencia do plan da Xunta, que obriga ós municipios a pagar o 30% dos gastos”, remarcou.
Este aforro distribúese do seguinte xeito: 40.000 euros coas auditorías enerxéticas, que se levaron a cabo dende a Axencia Provincial da Enerxía da Deputación; 82.200 euros coa compra e instalación do novo material enerxético, que financia a institución; e 39.300 euros, que é a cantidade anual na que estes Concellos verán reducida as súas facturas pola luz.
Centro de Recría
“Seguimos avanzando na construción en Castro de Rei do primeiro centro de recría público en España de gando vacún”, destacou Martínez. Por este motivo, hoxe a Xunta de Goberno acordou iniciar a contratación dos traballos de instalación eléctrica, para os que achega 450.000 euros, que forman parte dos 5 millóns de euros que, en solitario, a Deputación inviste na segunda e derradeira fase deste proxecto.
A sesión aprobou as contas xustificativas de 15 obras de mellora en dotacións públicas municipais por valor 110.000 euros, financiados na súa totalidade pola Deputación, ó incluír estes traballos no Plan de Comunidades Veciñais. Os Concellos beneficiados, ós que a institución aforra cartos son Castroverde, A Fonsagrada, Guntín, O Incio, Lourenzá, Meira, Pantón, Pol, Quiroga, Sober, Vilalba e Xermade.
Ascensor Muralla
A Xunta de Goberno acordou ceder ó Concello de Lugo os terreos necesarios para a instalación dun ascensor de acceso á Muralla. Tratase dun espazo de 6,70 metros cadrados, afincado ó final do Carril dos Romanos, xunto ós xardíns da Deputación.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



