Ribadeo, 25 de febreiro de 2014. A Dirección Xeral de Comercio da Xunta e ACISA repartirán durante o vindeiro mes de marzo 650 euros en vales de compra na campaña Centros Comerciais Abertos, máis que comercio, que este martes se presentou nos locais da asociación de comerciantes ribadense. Trátase dun xogo en liña con premios, coa finalidad de difundir o concepto de centro comercial aberto así coma fomentar as compras no pequeno comercio de Ribadeo e favorecer a introducción e utilización das novas tecnoloxías asociadas ó comercio. No acto participaron a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; o secretario de ACISA, Roberto Rivas, e a gerente do CCA, Beatriz Irigoyen.
Sol Vázquez explicou que “en Ribadeo a campaña desenvolverase despois do Entroido durante todo o mes de marzo. Por cada 5 euros de compra que un cliente se gaste nun local asociado terá dereito a pedir un código de participación, que lle permitirá votar ó seu comercio favorito entrando na web www.maisquecomercio.com. Entrando nesa web un se encontrará os cinco centros comerciais nos que se leva a cabo a campaña en marzo, terá que escoller neste caso Ribadeo e a partir de ahí abriránselle todos os comercios asociados de Ribadeo en fotos. Introduce o código e elixe o seu establecemento favorito e ó pinchar nesas casiñas poderá encontrarse con premios en metálico e outros agasallos”. A Dirección Xeral de Comercio repartirá en Ribadeo unha tarxeta regalo de 200 euros e 2 tarxetas regalo de 100 euros cada unha, ademais de paraugas ou bolsas reutilizables co logo desta campaña. “E o CCA ribadense regalará 250 euros en vales de compra repartidos nun de 50 euros e dez de 20 euros cada un para que estean o máis repartidos posible”, segundo comentou a xerente, Beatriz Irigoyen.
A directora xeral de Comercio engadiu que “ó final da campaña descubriremos cal é o comercio favorito do CCA de Ribadeo para os seus clientes. Visitaremos ese establecemento e aproveitaremos para facer entrega dos premios ós afortunados”.
Pola súa parte o secretario de ACISA, Roberto Ramos, agradeceu “á Xunta esta campaña que cremos que vai ser moi interesante e que axudará a dinamizar o comercio e a estimular o consumo e que os nosos clientes se vexan beneficiados cos premios que se poñen en xogo”.
Centros comerciais abertos, máis que comercio levarase a cabo nos 55 CCAs de Galicia a razón de 5 ó mes ata final de ano. Ribadeo, O Carballiño, Caldas de Rei, O Calvario de Vigo e o CCU Zona Monumental de Pontevedra son os cinco lugares nos que dará comezo esta campaña da Dirección Xeral de Comercio.






















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



