A ministra de Fomento, Ana Pastor, xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu este luns en Mondoñedo, Lugo, á inauguración das obras dos tramos Mondoñedo-Lindín e Lindín-Careira da autovía do Cantábrico (A-8). Trátase dos últimos 15,9 km que restaban para completar o total de 87 km que ten a autovía A-8 en Galicia e que se abrirán ao tránsito este martes 4 de febreiro.
A finalización destes tramos de autovía supón para os 8.000 vehículos que de media circulaban diariamente pola N-634, tráfico que se eleva significativamente durante o verán, unha importante mellora na comodidade, velocidade e seguridade de tránsito ao evitar a antiga estrada na ascensión dende Mondoñedo cara ao alto da Xesta.
O Ministerio de Fomento apostou firmemente pola finalización da autovía A-8, fundamental para a vertebración da cornixa cantábrica e a súa conexión coa Europa central. Para iso, na presente lexislatura dispuxo os recursos económicos necesarios, o que supuxo aportar en só dous anos o 63% do presuposto das obras do tramo Lindín-Careira e o 81% do presuposto no tramo Mondoñedo-Lindín. Con esta apertura, unida á posta en servizo en decembro de 2013 do tramo Otur-Villapedre en Asturias, será posible circular por autovía de forma continua dende A Coruña e Lugo ata Oviedo e Xixón, con continuidade ata Llanes. Por outra parte, trabállase con intensidade no tramo entre Unquera e Pendueles, en Asturias, o que permitirá completar a A-8 ata Cantabria.
O presuposto do contrato de obras do tramo Mondoñedo-Lindín ascende a 88,69 millóns de euros e o de Lindín-Careira a 85,79 millones, cantidades que sumadas ao coste de redación dos respectivos proxectos, ao importe estimado das expropiacións e ao coste das asistencias técnicas para o control e vixilancia das obras, arroxa unha inversión total de 191,72 millóns de euros.
Características técnicas
A infraestructura discorre polos termos municipais de Lourenzá, Mondoñedo, Abadín e Pastoriza. Trátase dun tramo de autovía de novo trazado de 15,9 km de lonxitude que discorre ao sureste da antiga N-634. Dispón de 2 calzadas, cada unha con 2 carrís de 3,5 metros, arcéns exteriores de 2,5 metros e interiores de 1 metro, separadas por unha mediana de entre 2 e 6 metros de anchura segundo os tramos.
Construíronse 2 enlaces completos:
– Enlace de Lindín coa carretera LU-124 Mondoñedo-Meira.
– Enlace de Careira coa carretera LU-P-0105, que á súa vez da acceso á N-634 á altura da Xesta (Abadín).
A nova autovía requeriu importantes e complexos traballos de enxeñería ao discorrir por un terreo accidentado e xeotécnicamente moi complicado, especialmente as ladeiras do monte Padornelo. Por iso se realizaron importantes desmontes, obras de drenaxe superficial e profundo, muros de sostemento nos tramos a media ladeira e gran número de estruturas de diversas tipoloxías. Entre elas destacan 10 viaductos (Grove, San Carlos, Monfadal; Fonte; Lindín; Curros, Vedros, Fiouco, Muras e Galgao) que suman unha lonxitude de 2.442 m, aproximadamente o 15 % da lonxitude total destes tramos de autovía. Entre eles sobresae o viaducto de Lindín, con 757 metros de lonxitude e 103 metros de altura máxima de pila.
Ademais construíronse 6 pasos superiores e 8 pasos inferiores, tanto para constituír os enlaces a distinto nivel como para asegurar a continuidade dos camiños e estradas interceptadas pola traza. Así mesmo, numerosas obras de drenaxe permiten o paso das augas nas vaguadas atravesadas.
Integración ambiental
Entre as medidas de prevención e corrección do impacto ambiental que se levaron a cabo, destacan:
– A revexetación dos taludes de terraplén e desmonte, así coma outras superficies das marxes da autovía, mediante o extendido de 323.000 m3 de terra vexetal, hidrosembra de 922.000 m2 e plantación de árbores e arbustos.
– Construción de barreiras de sedimentos e balsas de decantación para protexer ríos e arroxos.
– Dispositivos para facilitar a permeabilidade da autovía á fauna.
– Adecuación ambiental dos movementos de terras.
– Protección do patrimonio cultural.
– Instalación de 240 m2 de pantallas acústicas.
A inversión nestas medidas de integración ambiental alcanza os 1,8 millóns de euros.
A Autovía do Cantábrico A-8 en Galicia
Coa construcción da A-8 autovía do Cantábrico preténdese canalizar o importante tráfico de largo e medio percorrido que discurre polo norte peninsular, dende Galicia ata o País Vasco, abrindo unha nova vía de comunicación segura, moderna e eficaz para as comunicacións nacionais e internacionais, substituíndo á actual N-634 de San Sebastián a Santiago de Compostela.
Trátase dunha infraestrutura clave para a conexión de Galicia coas redes transeuropeas de transporte e a cornixa Cantábrica, discorrindo o itinerario galego na súa totalidade a través da provincia de Lugo, entre as localidades de Ribadeo e Baamonde.
O tramo galego da autovía do Cantábrico conecta directamente coa Autovía do Noroeste (A-6) en Baamonde, e a través dela, coa Autopista do Atlántico (AP-9), coa Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Portugal a través do itinerario IP-1 (Oporto, Lisboa). Tamén conecta con Ferrol a través da autovía autonómica AG-64 Ferrol-Vilalba e con Lugo a través da propia A-6.
*Foto: Conchi Paz.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



