Cervo, 6 de febreiro de 2014.- A delegada territorial, Raquel Arias, inaugurou este xoves o Seminario para a elaboración do plan de negocio que desenvolve a Xunta de Galicia en Cervo e no que participan os promotores de 20 proxectos emprendedores da Mariña.
Arias destacou o interese que espertou na comarca esta actividade que desenvolve o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e na que os emprendedores poden consultar cos técnicos cuestións concretas do seu proxecto grazas ás titorías personalizadas.
O obxectivo deste seminario é proporcionar aos participantes de ferramentas sinxelas e útiles para que poidan elaborar o seu plan de negocio e determinar a viabilidade do seu proxecto. Para elo, ademais das sesións informativas xerais, haberá titorías para valorar a viabilidade técnica, económica e financeira de cada iniciativa concreta, así como as fontes de financiamento ou as cualidades emprendedoras do propio promotor.
A delegada referiuse a esta acción formativa como “un punto de partida para os vosos negocios, e tamén un punto de encontro coa Xunta de Galicia a través do Igape”, e engadiu que “a Xunta ten múltiples ferramentas para apoiar os proxectos emprendedores, para impulsar as ideas sólidas, sustentadas en plans de negocio e financeiro serios”, de feito que estas ideas “sexan susceptibles de prosperar, de xerar postos de traballo e, polo tanto, riqueza para o emprendedor e para o seu entorno”.
Arias explicou distintos programas de axuda que desenvolve o Igape, tanto para a posta en marcha dunha empresa como para o seu desenvolvemento posterior, promovendo o deseño de novos produtos ou a saída ao mercado exterior, entre outras posibilidades de crecemento.
Igualmente, referiuse ao labor da Axencia Galega de Innovación (Gain), que fomenta cos seus plans de actuación a transferencia de coñecementos, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación das empresas.
En suma, destacou, “a Consellería de Economía e Industria arranca o ano poñendo a disposición das Pemes 45 millóns de euros en programas de axudas”, destinados a apoiar os grandes investimentos empresariais, a creación de emprego e a posta en marcha de novas empresas, así como a consolidar e mellorar a competitividade das xa existentes e impulsar a súa internacionalización.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



