Barreiros, 6 de febreiro de 2014.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou este xoves a aposta da Xunta por seguir dotando de instalacións deportivas os concellos galegos, “como ferramenta para promover o exercicio físico en todos os colectivos sociais, en beneficio da súa saúde e calidade de vida”.
Durante a visita ao novo ximnasio municipal de Barreiros, acompañado do alcalde da localidade, Alfonso Fuente, do xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, e da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, manifestou a súa satisfacción pola posta en marcha desta nova infraestrutura deportiva, coa que “queda cuberta unha necesidade que desde hai tempo viña reclamando o colectivo do deporte na localidade”.
A instalación está aberta ao público desde o pasado mes de outubro e foi construída a través dunha axuda da Secretaría Xeral de Deportes.
O secretario xeral engadiu que este tipo de recursos como este novo ximnasio facilitan os obxectivos do Plan Galicia Saudable que promove o seu departamento e que busca favorecer o benestar de todos os galegos mediante a práctica de exercicio físico e o fomento de hábitos de vida activa.
Logo desta visita, o secretario xeral para o Deporte desprazouse ao Concello de Lourenzá, onde mantivo un encontro coa súa alcaldesa, Emma Álvarez, para tratar sobre diversos aspectos relacionados co deporte na localidade.
A visita a ambos os dous concellos estivo precedida dunha xuntanza co director da escudería Trukart Motorsport, Roberto Méndez, nas súas instalacións da localidade de Rábade.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



