Bo partido o disputado no municipal de Viveiro na mañá do domingo no que era o comezo da segunda volta da liga galega cadete feminina, ante un rival que na primeira xornada da liga había goleado as vivairenses por 7 – 2.
As locais amosaron a evolución positiva que están levando nesta liga e que partido tras partido lles fai ser mais competitivas.
O partido foi moi aberto e as locais tiveron boas oportunidades para adiantarse no marcador, pero unhas veces a falla de definición e outras o acerto da porteira visitante, fixo que isto non fora posible. Mentres, as chairegas aproveitaron un erro na saída de presión das locais para adiantarse no marcador e pouco antes do descanso colocaban o 0-2.
Na segunda metade o Viveiro adiantou a súa liña de presión e chegaba con facilidade diante da porteira do Guitiriz, que foi a figura das visitantes nesta segunda metade. Pola contra, o Guitiriz buscaba un xogo directo coa súa pivot como única forma de saír da presión local e gañar as espaldas a defensa das viveirenses, creando algunha que outra ocasión de perigo ben atallado, tanto por Iria como por Nerea, as porteiras locais que se turnaron na meta viveirense.
Pese á derrota final por 0-2 non fai xustiza ao visto sobre o parquet do municipal de Viveiro. Aínda así as locais forónse do partido cun bo sabor de boca e sendo conscientes da melloría que xornada a xornada van amosando diante de rivais moito máis experimentados.
Ficha técnica
Viveiro FSF: Nerea, Rosanna, Nuria, Ana y Anna. Tamén xogaron: Iria, Bea, Lourdes, Patricia, Mirian e Fátima
Guitiriz: Sandra, Noemi (1), María Vidal, María Calvo e Margarita. Tamén xogaron: Noa, Aida, Andrea e Laura.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
